Carnés fitosanitarios

O Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, establece o marco de actuación para acadar un uso sostible dos produtos fitosanitarios (BOE Núm. 223, do 18.09.2012). Este decreto  modifica a normativa anterior no tocante á obtención do carné de usuario de produtos fitosanitarios nos seus niveis de capacitación básico e cualificado.

Carné de usuario profesional

  • PRIMEIRA EMISIÓN DO CARNÉ: os usuarios profesionais con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, interesados en obter o carné, deberán ter superado o curso do nivel correspondente ou, en cada caso, convalidaráselles segundo o listado de titulacións que acreditan unha formación equivalente á que recolle o Real decreto 1311/2012.  
  • RENOVACIÓNS DE CARNÉ: No sucesivo, para obter a renovación do carné, será preciso:
    • A renovación dos carnés de nivel CUALIFICADO precisará da realización dun curso de formación de 10 horas de duración: 6 de contido teórico e 4 de contido práctico.

Para acceder ao curso de formación será necesario presentar un documento de identificación fidedigno (DNI, carné de conducir, pasaporte) e acreditar o pagamento das taxas correspondentes. 

Procedementos asociados

  • MR203B - Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios
  • MR203A - Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios

Documentación complementaria

Lexislación aplicable

  • Resolucion carné fitosanitarios 04-05-2016
    • Solicitude de expedición dos carnés
    • Tramitación da solicitude
    • Exencións
    • Acreditación da formación antes da emisión do carné de nivel básico
    • Renovación do carné nivel básico
    • Especialidades en renovacións de carnés
    • Retirada do carné
  • REAL DECRETO 1311/2012, do 14 de setembro, establece o marco de actuación para acadar un uso sostible dos produtos fitosanitarios
  • RESOLUCIÓN do 21 de outubro do 2013, do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes
  • RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2013, da Direccion Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se regula a inclusión dos usuarios profesionais dentro da sección de manipulación e utilización de produtos fitosanitarios de uso profesional dentro do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitarios (ROPO)
     

Máis información

  • Se desexa solicitar o carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, pode utilizar o seguinte formulario.
  • Se desexa realizar o pagamento das taxas por internet, pode facelo no seguinte enlace da Consellería de Economía e Facenda
  • Se desexa realizar o ingreso das taxas en formato papel, pode acudir a unha das entidades financeiras colaboradoras onde lle facilitarán o impreso de autoliquidación, que deberá cumprimentar segundo este modelo. As entidades financeiras colaboradoras pode atopalas no seguinte enlace