Eventos forestais

Información xeral

Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.

Boletín

A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional

Eventos forestais 2022

Software for planning forest management

Data de celebración: 17/02/2022
Lugar de celebración: online.
Organiza: EFI Bioregions & ROSEWOOD 4.0
Descripción:

O evento permite poñerse en contacto cos innovadores e creadores de software para planificación forestal e coñecer como pode axudar á xestión forestal, ou buscar posibles colaboracións.

Máis información aquí.

NTFPs and Bioeconomy in the United States

Data de celebración: 15/02/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: U.S. Department of Agriculture, U.S. Forest Service, The Forest History Society, Renmin University of China, e IUFRO Task Force
Descripción:

Despois dunha breve sinopse da historia da recolección de produtos forestais non madeireiros nos EE.UU., a presentación examinará os últimos datos de volume e valor, e explorará a economía baseada nestes produtos a través da lente da bioeconomía.
 
Máis información aquí.

Sustainable Products Initiative - What role for fibre-based packaging?

Data de celebración: 03/02/2022
Lugar de celebración: online.
Organiza: Wood Be Better - Federación de Industrias Forestais Suecas (Skogsindustrierna)
Descripción:

En 2022 a Comisión Europea presentará a súa Iniciativa de produtos sostibles que inclúe principios e parámetros para definir a sustentabilidade do produto, por exemplo, durabilidade, reutilización, mellorabilidade, reparabilidade e contido reciclado. Tamén se espera unha proposta lexislativa para fundamentar as declaracións ecolóxicas, así como unha Directiva revisada sobre envases e residuos de envases. O evento tratará cuestións relacionadas cos envases de fibras, como os principios e parámetros de sustentabilidade a utilizar, como conseguir que os produtos en base a fibras, dun só uso, contribúan a unha economía circular, entre outros.

Máis información aquí.

Mesa Redonda sobre la Taxonomía Europea 2022

Data de celebración: 03/02/2022
Lugar de celebración: híbrido
Organiza: NWorld Advisory, Tech & Operations
Descripción:

O Regulamento da  Taxonomía, Regulamento 2020/852 de xuño de 2020, e os seus consecuentes e próximos desenvolvementos normativos en forma de Regulamentos Delegados, conforman o eixo fundamental para a transición cara á neutralidade de carbono ao establecer un marco común e único do que é medioambientalmente sostible, co fin último de  redireccionar os fluxos de capital cara a investimentos sostibles e que modifica o resto de regulación europea.

O evento é unha mesa redonda coa Confederación Española de Organizacións Empresariais CEOE sobre o impacto da Taxonomía Europea da man de importantes figuras do sector financeiro, industrial e ambiental.

Máis información aquí.

Lignofuels 2022

Data de celebración: 02/02/2022 a 03/02/2022
Lugar de celebración: Helsinki, Finlandia
Organiza: Active Communications International
Descripción:

A edición 2022 da conferencia reunirá unha vez máis ás partes interesadas clave en combustibles leñosos e biocombustibles e materiais avanzados para discutir e escoitar os últimos estudos de casos da industria, incluídos executivos de desenvolvemento técnico, estratéxico e comercial de produtores de biocombustibles de primeira e avanzada xeración,  refinadores de petróleo, Provedores de tecnoloxía de procesos,  desenvolvedores de encimas, empresas de enxeñería e agronegocios, así como financeiros, investidores, políticos e reguladores, industrias automotriz e de aviación, consultores, comerciantes e empresas químicas.

Máis información aquí.

Páxinas

Eventos forestais 2021

Áreas temáticas relacionadas