Información xeral
Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.
Boletín
A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional
Eventos forestais 2022
Forestry and Tree Planting against Climate Change
¿Como planea a UE protexer, restaurar e fortalecer a resiliencia dos bosques da UE? ¿Que podemos facer todos para protexer aos gardiáns do clima e a biodiversidade? Peter Löffler, Oficial de Políticas da Unidade de Adaptación da DX Clima, quen brindará información sobre a Estratexia Forestal da UE para 2030; e Marco Onida, Xefe de Equipo de Bosques en DX Medio Ambiente, quen falará principalmente sobre a iniciativa da UE dos 3 mil millóns de árbores e consellos prácticos para a plantación de árbores.
Máis información aquí.
Technology and innovation as allies for a smart rural environment
As novas tecnoloxías son parte da solución aos retos que afronta o medio rural e sen dúbida contribúen a xerar emprego de calidade, valor engadido e actividade económica. Este webinar dirixido a todos os actores involucrados neste desafío: representantes dos diferentes niveis de goberno dedicados á dixitalización e o medio rural; asociacións de desenvolvemento rural; así como outras entidades vinculadas á innovación e o emprendemento. O obxectivo é proporcionar aos participantes información útil sobre a visión que ten a Comisión Europea sobre este tema, así como algunhas experiencias europeas de interese que poden resultar inspiradoras.
Máis información aquí.
Digital solutions for forest pests and diseases
O evento permite poñerse en contacto cos innovadores e creadores de solucións dixitais para pragas e doenzas forestais e coñecer como estas solucións poden axudar a detectar os danos antes de que sexa demasiado tarde, ou buscar posibles colaboracións.
Máis información aquí.
Internet of trees
Seminario centrado no potencial do seguimento de árbores como ferramenta de aprendizaxe para estudantes. Os sensores permiten combinar datos sobre o crecemento e o vigor das plantas con información meteorolóxica e edáfica, o que permite un enfoque multifuncional para a análise e o seguimento dos bosques. O evento multiplicador "Internet das árbores" tivo lugar no campus Miguel Delibes da Universidade de Valladolid, via Internet tamén, e incluíu unha visita á plantación intelixente "El Bosque dos Soños", situada nun Polígono Industrial de Valladolid.
Pódese acceder á gravación do evento.
Máis información aquí.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
Eventos forestais 2021
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5