Eventos forestais

Información xeral

Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.

Boletín

A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional

Eventos forestais 2022

EUBCE European Biomass Conference & Exhibition

Data de celebración: 09/05/2022 a 12/05/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: ETA Florence Renewable Energies
Descripción:

EUBCE é a conferencia e exhibición de biomasa máis grande do mundo. Cada ano, EUBCE trata os últimos avances en biomasa, co obxectivo de acelerar a investigación e a aceptación do mercado en todo o mundo. Durante a conferencia, máis de 2000 expertos da ciencia e a industria comparten e discuten ideas, tecnoloxías, aplicacións e solucións innovadoras para o abastecemento, a produción e a utilidade da biomasa.
O programa científico está coordinado polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea ( JRC).
Este ano, o evento complementarase coa eficacia do Circular Bio- based  Europe  Joint  Undertaking ( CBE  JU) para identificar a innovación, estimular o investimento e mobilizar o sector da industria de base biolóxica.

Máis información aquí.

EVERY TREE COUNTS Past, present and future of forests in the UNECE region and beyond

Data de celebración: 09/05/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: UNECE/FAO Forestry and Timber Section
Descripción:

Evento paralelo en  UNFF17. Dada a abundancia e a importancia dos datos relacionados cos bosques, o evento destacará dous enfoques relevantes de como a información do sector forestal mellora a gobernanza e a xestión do bosque.
 
Máis información aquí.

Challenges and Opportunities of the new LULUCF-Regulation

Data de celebración: 05/05/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: Ministerio de Alimentación, Desenvolvemento Rural e Protección ao Consumidor de Baden -Württemberg (Alemaña)
Descripción:

O evento busca discutir asuntos como poden ser: Como se desenvolverá o sector LULUCF como resultado dos novos desafíos? Que interaccións existen con outros sectores? Como cambiará o potencial dos bosques e os pasteiros baixo as consecuencias do cambio climático? Que oportunidades e riscos están asociados cun cambio no uso da madeira como materia prima? Como se poden resolver os conflitos de intereses entre aforrar gases de efecto invernadoiro, seguridade alimentaria, eficiencia económica e benestar animal? 

Máis información aquí.

XV Congreso Forestal Mundial · Construír un futuro verde, saudable e resiliente cos bosques

Data de celebración: 02/05/2022 a 06/05/2022
Lugar de celebración: Coex, Seúl, República de Corea.
Organiza: Servicio Forestal de Corea, República de Corea, Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO)
Descripción:

O CFM 2021 brindará unha oportunidade única para que a comunidade forestal global examine o estado e o futuro dos bosques do mundo, particularmente no contexto da recuperación da pandemia do COVID-19, mentres que, ao mesmo tempo, se esforza por acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). O Congreso centrarase en definir o papel dos bosques na axenda de desenvolvemento global (Axenda 2030) e outros acordos importantes (Obxectivos Forestais Globais, Acordo de París, marco global de biodiversidade posterior ao 2020) e identificar medidas clave que deben implementarse mentres o sector forestal se adapta á nova realidade co obxectivo de axudar a “reconstruír mellor”. Os bosques deben formar unha parte integral das discusións e decisións que se tomarán sobre o desenvolvemento sostible, xa que isto determinará a saúde, o benestar e a estabilidade do planeta e os seus habitantes.

Máis información aquí.

Connecting Nature Impact Summit

Data de celebración: 28/04/2022 a 30/04/2022
Lugar de celebración: Genk, Bélgica
Organiza: Connecting Nature
Descripción:

Connecting  Nature  Impact  Summit centrarase no impacto que as solucións baseadas na natureza tiveron nas cidades e as persoas que viven nelas.

Máis información aquí.

Páxinas

Eventos forestais 2021

FOREXT Friday

Data de celebración: 01/01/2021 a 31/12/2021
Lugar de celebración: en liña
Organiza: FOREXT https://forext.eu/
Descripción:

Data de celebración: continua, celébrase un evento en liña un venres de cada mes.

A Rede europea de organizacións de extensión forestal FOREXT lanzouse oficialmente o 1 de outubro de 2019 (apoiada polo European Forest Institute (EFI) https://efi.int/). Formada por 14 organizacións de 10 países diferentes centra os seus esforzos nos BOSQUES de TITULARIDADE PRIVADA (lembremos que Galicia posúe o 98% da súa superficie baixo dita titularidade).

O seu obxectivo é axudar aos seus membros para desenvolver as súas capacidades na capacitación e educación de propietarios de bosques privados, apoiando o desenvolvemento das súas asociacións, inventariado e marcaxe de bosques privados, preparación de plans de xestión forestal para bosques privados, aplicación da lexislación forestal en bosques privados, proporcionando axudas para unha xestión forestal máis sostible, organizando a venda de madeira de bosques privados, creación de capacidade para a silvicultura privada, etc.

Aquí poderás atopar unha listaxe cos seus eventos FOREXT FRIDAY xa celebrados (presiona sobre o tema que che interesa e abrirase automaticamente a url para visionar o vídeo do webinar celebrado):

Rosewood4.0 training programme

Data de celebración: 01/01/2021 a 31/12/2021
Lugar de celebración: en liña
Organiza: Rosewood 4.0 Sustainable Wood for Europe
Descripción:

Data de celebración: continua.

O adestramento e a educación son claves para empuxar o sector forestal cara a unha transformación dixital que permitirá aos traballadores forestais e da cadea de valor da madeira xestionar de forma máis sustentable e eficiente a través de solucións tecnolóxicas innovadoras. A Rede Rosewood 4.0 ofrece un programa de adestramento MOOC para aprender novas habilidades no campo da dixitalización forestal.

Máis información aquí.

Páxinas

Áreas temáticas relacionadas