Eventos forestais

Información xeral

Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.

Boletín

A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional

Eventos forestais 2022

Future challenges: Risk Communication

Data de celebración: 08/04/2022 a 09/04/2022
Lugar de celebración: Nicosia, Chipre
Organiza: EFI en colaboración con PCF, UoC, EUC
Descripción:

O programa do taller cubrirá a comunicación da investigación relacionada co risco a unha variedade de audiencias, incluídos os medios de comunicación, como parte dunha sólida estratexia de comunicación. Reflexionarase sobre como manexar os conflitos e controversias na comunicación. Cada participante recibirá apoio e  feedback personalizado sobre a comunicación da súa propia investigación.

Máis información aquí.

Closer to Nature Forest Management

Data de celebración: 06/04/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: EFI ThinkForest
Descripción:

Esta edición do ThinkForest, foro de ciencia e política de alto nivel, versará sobre as oportunidades e barreiras para a implementación dunha xestión forestal máis próxima á natureza.

Máis información aquí.

IV International Congress Forest and its Potential for Health

Data de celebración: 06/04/2022 a 06/09/2022
Lugar de celebración: Luso & Mata do Bussaco, Portugal
Organiza: Forest Therapy Hub, BioCon Valley, i-Nature, International Society of Forest Therapy
Descripción:

Desde a innovación, a saúde e o benestar, o IV Congreso é unha oportunidade para aprender da man de recoñecidos investigadores e profesionais en campos  multidisciplinarios sobre as bases científicas da Terapia de Bosque e a súa aplicación práctica nos sistemas de saúde e o turismo.

Máis información aquí.

NTFPs and Bioeconomy in the European Union

Data de celebración: 22/03/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: Mediterranean Model Forest Network
Descripción:

Os  MedForums son eventos que permiten á Rede de Bosques Modelo do Mediterráneo reunirse, intercambiar experiencias e planificar xuntos o futuro da rede. O tema do evento deste ano será ‘Como os Bosques Modelo poden contribuír ao desenvolvemento do espírito empresarial xuvenil baseado en  SbN’.

Máis información aquí.

Digital solutions for soil monitoring

Data de celebración: 21/03/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: EFI BioRegions
Descripción:

A sexta edición de  Forestry  Speed  Dating ten como obxectivo conectar aos innovadores de solucións dixitais para a vixilancia do chan con posibles usuarios finais. Estes eventos teñen como obxectivo explorar novas solucións dixitais, facilitar a súa implementación e consolidar a  bioeconomía circular forestal sostible.

Máis información aquí.

Páxinas

Eventos forestais 2021

Áreas temáticas relacionadas