Eventos forestais

Información xeral

Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.

Boletín

A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional

Eventos forestais 2022

MedForum 2022

Data de celebración: 21/03/2022 a 25/03/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: Mediterranean Model Forest Network
Descripción:

Os  MedForums son eventos que permiten á Rede de Bosques Modelo do Mediterráneo reunirse, intercambiar experiencias e planificar xuntos o futuro da rede. O tema do evento deste ano será ‘Como os Bosques Modelo poden contribuír ao desenvolvemento do espírito empresarial xuvenil baseado en  SbN’.

Máis información aquí.

7th Mediterranean Forest Week

Data de celebración: 21/03/2022 a 25/03/2022
Lugar de celebración: Antalya, Turquía
Organiza: FAO Committee on Mediterranean Forestry Questions – Silva Mediterranea
Descripción:

A Semana Forestal Mediterránea (MFW, polas súas siglas en inglés) é un evento bienal que ten como obxectivo facilitar a cooperación entre os administradores forestais e os encargados de formular políticas, a comunidade científica e académica, o sector privado, os doantes, a sociedade civil, as axencias ambientais, as organizacións non gobernamentais e outras partes interesadas relevantes ao proporcionar unha plataforma rexional común para o diálogo sobre os principais temas relacionados cos bosques mediterráneos.
Este ano a Semana Forestal Mediterránea estará centrada en ‘Restauración de bosques e ecosistemas para as próximas xeracións mediterráneas’.

Máis información aquí.

Digital solutions for soil monitoring

Data de celebración: 21/03/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: EFI BioRegions
Descripción:

A sexta edición de  Forestry  Speed  Dating ten como obxectivo conectar aos innovadores de solucións dixitais para a vixilancia do chan con posibles usuarios finais. Estes eventos teñen como obxectivo explorar novas solucións dixitais, facilitar a súa implementación e consolidar a  bioeconomía circular forestal sostible.

Máis información aquí.

Monitoring and Assessing Forest Health

Data de celebración: 21/03/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: FOREST EUROPE
Descripción:

Para alcanzar todo o potencial da monitoraxe forestal e facer unha política forestal ben informada, é crucial saber que achegan os científicos. Neste seminario web, atenderase á perspectiva da formulación de políticas de monitoraxe da saúde forestal, os criterios e indicadores actuais e as necesidades futuras para a toma de decisións. Ao mesmo tempo, presentaranse avances de última xeración no campo de tecnoloxías terrestres e remotas. Finalmente, discutiranse desafíos e oportunidades comúns, en particular sobre como mellorar a transferencia de información entre política, ciencia e práctica.

Máis información aquí.

Videoxornada de dixitalización e inventario forestal

Data de celebración: 16/03/2022 a 18/03/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: Consellería do Medio Rural
Descripción:

A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan unhas  videoxornadas para presentar os proxectos desenvoltos ao abeiro da estratexia a de “Dixitalización & Descarbonización” (D&D) e os primeiros avances do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG).

Máis información aquí.

Páxinas

Eventos forestais 2021

Áreas temáticas relacionadas