Área temática: formación e transferencia

Eventos forestais

Información xeral

Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.

Transferencia tecnolóxica

A importancia do sector agrario en Galicia, así como a evolución e especialización da agricultura e a silvicultura debido fundamentalmente aos cambios económicos, tecnolóxicos e ambientais, esixen un nivel axeitado de información e formación no sector técnico e económico. Esta información e formación estará destinada á sensibilización en materia de calidade dos produtos, xestión sustentable dos recursos naturais, xestión técnica-económica, protección do medio e conservación da paisaxe.

Directorio de centros formativos

Centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo

Lugar de Bos, 14 15640 Guísamo (A Coruña)

Tel.: 881 881 057 Fax: 881 881 044

Correo-e: cfea.guisamo@edu.xunta.es Web: http://www.cfeaguisamo.org/

Infraestrutura

Carnés fitosanitarios

O Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, establece o marco de actuación para acadar un uso sostible dos produtos fitosanitarios (BOE Núm. 223, do 18.09.2012). Este decreto  modifica a normativa anterior no tocante á obtención do carné de usuario de produtos fitosanitarios nos seus niveis de capacitación básico e cualificado.

Tratamentos aéreos de produtos fitosanitarios

Os tratamentos aéreos de produtos fitosanitarios regulase a través do Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para acadar un uso sustentable dos produtos fitosanitarios (BOE 223 do 15 de setembro), considerandos como tratamentos aéreos.

Dentro desta normativa,  as condicións que especificamente abordan este tipo de tratamentos son:

Subscribirse a RSS - formación e transferencia