Laboratorio de Sanidade Animal

O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (LASAPAGA) leva a termo os estudos, análises e ditames relacionados coa sanidade e coa hixiene dos animais, así como das producións gandeiras e dos medios de produción gandeiros nas materias relativas á sanidade animal. Tamén lle corresponde o control dos laboratorios privados adicados ás materias antes sinaladas. Nas instalacións do laboratorio analízanse 1.000.000 de mostras e fanse preto de 2.500.000 análises cada ano.

O laboratorio está acreditado pola ENAC (Entidad Nacional de Acreditación) segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025 para a realización de ensaios físicoquímicos de produtos agroalimentarios e de augas.

A actividade dos Laboratorios de Sanidade e Produción Animal está distribuída en tres centros:

  • Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, en Lugo
  • Laboratorio de Sanidade Animal de Guísamo, na Coruña
  • Laboratorio de Sanidade Animal de Salcedo, en Pontevedra

 

O centro de Lugo é o laboratorio de referencia e coordina os de Guísamo e Salcedo, que actúan como centros de apoio.

Máis información

Portal do Laboratorio de Sanidade Animal
É unha ferramenta web que contén os servizos do Laboratorio de Sanidade Animal.

Acceder a Portal do Laboratorio de Sanidade Animal

Áreas temáticas relacionadas