Matadoiro móbil

O servizo do matadoiro móbil facilita o sacrificio de gando ovino, cabrún e porcino, naquelas zonas máis afastadas dos centros convencionais de sacrificio dos animais. Incrementa a rendibilidade das explotacións, ao reducir os custes de transporte do gando, e mellora o benestar dos animais, ao diminuír o estrés que estes sofren durante o transporte, o que redunda nunha maior calidade da carne. Ademais, contribúe a mellorar os servizos das zonas rurais, favorecendo o mantemento de explotacións gandeiras que utilizan sistemas produtivos tradicionais e extensivos, aspectos ligados á conservación medioambiental. 

Como se solicita o servizo

Os gandeiros poden solicitar o servizo do matadoiro móbil chamando ao teléfono de contacto, con ao menos dous días hábiles de antelación á data do sacrificio.

Que información hai que facilitar

  • Datos da explotación (titular, REGA, etc.)
  • Especie e número de animais a sacrificar
  • Identificación individual dos animais e datos dos mesmos (idade, peso, …)
  • Data na que se desexa efectuar o sacrificio.
  • Destino das canais
    • Propia explotación (autoconsumo)
    • Recollida no matadoiro por un operador con vehículo autorizado
    • Traslado a cámara frigorífica do matadoiro ou da base operativa para posterior comercialización

Como se organizan as rutas

Segundo a demanda das persoas gandeiras, organizando as visitas ás explotacións en función da súa proximidade, procurando optimizar este recurso. Concertarase con cada titular o día e a hora do sacrificio, desprazándose o matadoiro móbil ata a propia explotación, se é posible, ou ata o lugar próximo máis accesible, en función das características das vías de comunicación.

Pago dos prezo do servizo

Os usuarios deberán pagar previamente os prezos establecidos do servizo a través de ATRIGA: https://ovt.atriga.gal

Teléfono de contacto

Para máis información e solicitudes de servizo pode contactar co 982 251 201, de luns a venres de 9:00 a 14:00.

Tamén pode solicitar o servizo cubrindo esta:

Solicitude do servizo

 

Díptico explicativo e prezos do servizo

Áreas temáticas relacionadas
Solicitud de servicio de matadero móvil
Información de contacto

(1) Indicar el servicio que se solicita
- Código REGA de la explotación
- Especie y número de animales a sacrificar
- Identificación individual de los animales y datos de los mismos (edad, peso, …)
- Destino de las canais:
   - Propia explotación (autoconsumo)
   - Recogida en el matadero por un operador con vehículo autorizado
   - Traslado a cámara frigorífica del matadero o de la base operativa para posterior comercialización
- Fecha en la que se desea efectuar el sacrificio.

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSONALES
 
Responsable del tratamiento: Xunta de Galicia - Consellería do Medio Rural.
Finalidad del tratamento Responder ás dúbidas e suxestións recibidas.
Lexitimación para o tratamento: Consentimento da persoa interesada.
Destinatarios dos datos: Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán acceder, retificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos.
Contacto delegado de protección de datos e información adicional: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.