Calendario de feiras agroalimentarias para o primeiro semestre do 2024
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria ofrece ás empresas galegas do sector agroalimentario a posibilidade de participar en distintas feiras agrarias e alimentarias como empresa coexpositora nos postos institucionais da Consellería do Medio Rural, cun espazo expositivo individual.
A mellora da comercialización e a promoción do consumo dos produtos galegos, especialmente aqueles que están amparados por unha denominación de calidade, é un dos obxectivos estratéxicos da Consellería do Medio Rural para conseguir o desenvolvemento do noso sector agrario.
No marco das accións promocionais, considérase fundamental a participación en certames feirais, tanto de carácter nacional como internacional, co fin de dar a coñecer e mellorar a comercialización das distintas producións agrarias galegas, sobre todo as amparadas por algún indicativo de calidade.
Feiras para as que se abre o prazo
| Feira | Datas | Recinto | Lugar | Prazo de inscrición | Cota participación | 
|---|---|---|---|---|---|
| Prowein | 15 ao 17 e marzo de 2026 | Düsseldorf | Alemania | 29 xullo | 770 € / m2+ 21 % IVE | 
| Barcelona Wine Week | 2 ao 4 de febreiro 2026 | Barcelona | Montjuïc | 17/10/2025 | Módulo 7m2 1.762€+10%IVE Módulo 14m2 3.863€+10%IVE | 
| Madrid Fusión | Enero 2026 | Madrid | IFEMA | 31/10/2025 | 300 euros +ive para un posto de 6-9 metros cadrados | 
| Americas Food & Beverage | 10-12 setembro 2025 | Miami Beach Convention Center | Miami, U.S.A. | 31 de marzo 2025 | Non ten | 
| Autentica Premium Food | 15 ao 16 de setembro de 2025 | FIBES | Sevilla | 2 maio | 300 € + 21 % IVE 363 € | 
| FRUIT ATTRACTION 2025 | 30 setembro ao 2 de outubro de 2025 | IFEMA | Madrid | 2 maio | 1700 € + 21 % IVE 2057 € | 
| San Sebastian Gastronomika | 6 ao 8 de outubro de 2025 abril | Kursaal | San Sebastián | 2 maio | 300 € + 21 % IVE 363 € | 
| Gastrónoma - Feria Gastronómica del Mediterráneo | 26 ao 28 de outubro de 2025 | Feria Valencia | Valencia | 2 maio | 300 € + 21 % IVE 363 € | 
| Iberflora | 14-16 outubro de 2025 | Fira de Valencia | Valencia | 15 de maio de 2025 | (400 € cota de inscrición + 900 € x módulo) + 21 % IVE | 
| Gastronomic Forum Barcelona | 3 ao 5 de novembro de 2025 | Recinto Montjuïc | Barcelona | 23 xuño | 300 € + 21 % IVE 363 € | 
As solicitudes recibidas fóra de prazo quedarán na listaxe de agarda. A orde de prioridade desta listaxe será a da puntuación obtida e, no caso de empate, a data de presentación.
CRITERIOS DE SELECCIÓN
Para poder avaliar as solicitudes, cada empresa deberá enviar unha listaxe dos produtos ou marcas comerciais, segundo o modelo adxunto, que vai levar a feira.
Todos os produtos que se presenten na feira teñen que ser producidos en Galicia.
Ademais as empresas que soliciten a participación nas feiras deberán presentar unha declaración responsable segundo modelo adxunto na que declaren:
- que durante o último ano anterior á data da presentación da solicitude de participación non foron sancionadas por infracción moi grave á lexislación agroalimentaria, mediante resolución firme de calquera das administracións públicas.
- (so para aqueles produtos que non estean nunha DOP/IXP) que os produtos alimentarios que presenta na feira son elaborados en Galicia e que as materias primas principais (aquelas que son ingredientes característicos dun alimento e que supoñen máis do 50% do seu peso neto) foron obtidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, comprométese a
- Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
- Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 3 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Documento criterios de selección
Non se permitirá a exposición/venda de produtos que non estean amparados en denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas que sexan susceptibles de estar acollidos a algún destes réximes de calidade.
Ademais, non se permitirá a exposición/venda de produtos non amparados en denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas que aproveiten a fama ou reputación de nomes protexidos por denominacións xeográficas, ben sexa por imitación ou evocación.
No caso de que unha empresa acuda a unha feira coa Agacal con algún produto que incumpra estas condicións, ou que non figuren na declaración de produtos/marcas presentadas xunto coa solicitude, o persoal da Agacal ou a persoa responsable do posto presente na feira poderá solicitar a retirada destes produtos.