Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN)

OVGAN
É unha ferramenta web cos servizos da Oficina Virtual de Gandaría.

Acceder a OVGAN

A Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN) é unha ventanilla de atención ao sector gandeiro en Internet. Ofrece servizos para este sector que permiten consultar información e realizar trámites administrativos.
Está dirixida fundamentalmente ás persoas gandeiras, pero tamén a operadores comerciais, integradoras e comercializadoras do sector ou determinados colectivos de veterinarios.
A OVGAN é unha renovación da antiga Oficina Agraria Virtual (OAV). Conta cos mesmos servizos aínda que conta cunha estética actualizada, máis limpa e intuitiva.

Como acceder aos servizos

Para acceder aos servizos da OVGAN hai varias alternativas:

  • Acceso con NIF e PIN que se proporciona nas Oficinas Rurais (OR).
  • Acceso con NIF e contrasinal do sistema Chave365.
  • Acceso con certificado dixital, DNI electrónico ou o sistema de identificación electrónica Cl@ve.

O acceso con NIF e PIN require que se introduza o NIF e máis o PIN (contrasinal) que se proporciona nas Oficinas Rurais. Para solicitar o contrasinal (PIN) por primeira vez, debe dirixirse persoalmente a unha Oficina Rural, onde o seu persoal, despois de comprobar axeitadamente a súa identidade (mediante DNI ou documento similar), procederá ao rexistro dos seus datos e subministraralle o seu PIN. En caso de perda do contrasinal (PIN), podera solicitalo de novo na Oficina Rural. Pode consultar o mapa coa localización e teléfonos das Oficinas rurais.

O sistema Chave365 permite o acceso mediante o NIF e un contrasinal diferente ao PIN. Con Chave365 pódese acceder a OVGAN e tamén a outros servizos da Xunta de Galicia como a Sede Electrónica, o Sergas, etc.
Máis información sobre Chave365.

Requisitos técnicos

Para acceder aos servizos da OVGAN é preciso dispor dun navegador de Internet, un visor para documentos PDF e unha ferramenta ofimática de follas de cálculo compatible co formato .xlsx. En canto ao navegador de Internet, recoméndase usar unha versión recente dos seguintes navegadores: Firefox, Chrome ou Edge.

Consultas

  • Información das explotacións
  • Libro de explotación
  • Censo das explotacións
  • Animais identificados individualmente (bovinos, ovinos, cabrúns e equinos)
  • Información dos animais
  • DIBs emitidos
  • Documentación sanitaria
  • Movementos
  • Trámites realizados

Trámites

  • Alta por nacemento
  • Animais pendentes de incorporar
  • Duplicados de crotais
  • Duplicados de DIBs
  • Declaración de movementos
  • Declaración de censo de explotación
  • Obtención do documento de acreditación sanitaria da explotación
  • Solicitude de guía regular
  • Emisión de e-guías
  • Solicitude de documento de traslado (autoguía)
  • Autorización ou revogación de Entidade Identificadora
  • Cambio de datos persoais

Outros servizos relacionados

  • ENERLACTEO é unha ferramenta informática de acceso público desenvolvida pola Junta de Castela e León, de cálculo e proposta de melloras enerxéticas para explotacións leiteiras bovinas e ovinas, que ten como obxectivo proporcionar ás persoas gandeiras información sobre os seus consumos enerxéticos e como reducilos.

Obrigas de comunicación

As obrigas de comunicación das persoas gandeiras  á autoridade competente en gandaría son:

Movementos (entradas, saídas, nacementos e mortes)

Notificación dos movementos de entrada e saída:

  • O prazo máximo para realizar a notificación destes movementos de animais de calquera especie é de 7 días.

Notificación de nacementos:

  • Bovino: 7 días dende a colocación dos medios de identificación. Nunca despois dos 27 días tras o nacemento, excepto explotacións autorizadas.
  • Ovino e cabrún: 3 meses dende a colocación dos medios de identificación. Nunca despois dos 12 meses dende o nacemento.
  • Camélidos e cérvidos: 3 meses dende a colocación dos medios de identificación. Nunca despois dos 12 meses dende o nacemento.

Notificación de mortes:

  • Bovino: 7 días dende a morte. Esta comunicación prodúcese de forma automática cando o cadáver é recollido polo camión do servizo de recollida de cadáveres e a persoa responsable entrega o DIB . De non entregar o DIB nese momento, disporá dun prazo de 7 días dende a morte para entregalo na Oficina Rural correspondente.
  • Équidos: 7 días dende a morte. Esta comunicación prodúcese de forma automática cando o cadáver é recollido polo camión do servizo de recollida de cadáveres e a persoa responsable entrega o DIE nese momento. De non entregar o DIE no momento da recollida, ou de realizar un enterramento nas condicións previstas no Decreto 72/2016 (publicado no DOG do 22 de xuño de 2016), disporá dun prazo de 7 días desde a morte do animal para comunicar esta circunstancia, entregando o DIE na Oficina Rural que corresponda.
  • Ovino e cabrún: 3 meses dende a morte. Esta comunicación prodúcese de forma automática cando o cadáver é recollido polo camión do servizo de recollida de cadáveres.
  • Camélidos e cérvidos: 3 meses dende a morte. Esta comunicación debe realizala na Oficina Rural correspondente.

Declaración censual anual:

A persoa titular da explotación ten a obriga de declarar anualmente, e antes do 1 de marzo, o censo presente de animais na súa explotación a 31 de decembro do ano anterior, agás no caso dos ovinos e cabrúns que é a 1 de xaneiro do ano actual.

Excepciónanse desta obriga as explotacións de bovinos, equinos, camélidos e cérvidos. No caso de ovino e cabrún só é necesario declarar o censo dos animais non reprodutores menores de 12 meses.

Áreas temáticas relacionadas