Feiras agroalimentarias

Calendario de feiras agroalimentarias para o 2023

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) ofrece ás empresas galegas do sector agroalimentario a posibilidade de participar en distintas feiras agrarias e alimentarias como empresa coexpositora nos postos institucionais da Consellería do Medio Rural, cun espazo expositivo individual.

A mellora da comercialización e a promoción do consumo dos produtos galegos, especialmente aqueles que están amparados por unha denominación de calidade, é un dos obxectivos estratéxicos da Consellería do Medio Rural para conseguir o desenvolvemento do noso sector agrario.

No marco das accións promocionais, considérase fundamental a participación en certames feirais, tanto de carácter nacional como internacional, co fin de dar a coñecer e mellorar a comercialización das distintas producións agrarias galegas, sobre todo as amparadas por algún indicativo de calidade.

Feiras para as que se abre o prazo

Feira Datas Recinto Lugar Prezo Web
Fruit Attraction 3 – 5 outubro IFEMA Madrid 2057 € (1700€ + 21 % IVE) https://www.ifema.es/fruit-attraction
Iberflora 3 – 5 outubro Fira de Valencia Valencia (400 € + 900 € x mod) + 21 % IVE https://iberflora.feriavalencia.com/

O prazo de solicitude remata o 23 de xuño. As solicitudes recibidas fóra do prazo quedarán na listaxe de agarda.

 

Próxima feira

Feira Datas Recinto Lugar Prazo inscrición Web
Xantar 2 – 5 novembro Expourense Ourense abrirase o prazo en setembro https://xantar.org/

A apertura do prazo de presentación de solicitudes comunicarase por correo electrónico con suficiente antelación

Como participar

Se vai solicitar Iberflora

Deberá cubrir e enviar en liña os datos do formulario de solicitude e aclarar o número de módulos que solicita

 

Se vai solicitar Fruit Attraction

1.- Descargar e cubrir os modelos de declaración responsable e listaxe de produtos.

2.- Cubrir o formulario do final da páxina cos datos da empresa e da feira a que desexa asistir (só aquelas para as que está o prazo aberto)

3.- No espazo “documentación” escoller ficheiro en “subir” a declaración responsable asinada e a listaxe de produtos cuberta

O envío da solicitude de inscrición non garante a participación da empresa no posto.

4.- Unha vez valoradas e axustadas as solicitudes de inscrición ao número de prazas dispoñibles en cada feira, se a súa empresa é seleccionada avisaráselle a través do seu correo electrónico e os seus datos serán remitidos á organización feiral.

5.- No caso de ser seleccionado, remitiráselle a factura co importe correspondente segundo o cadro, que deberá ser aboado na data indicada na factura, e, en todo caso, antes da celebración da feira.

6.- As empresas que non sexan admitidas inicialmente comunicaráselles por correo electrónico e pasarán a listaxe de espera por orde de puntuación.

7.- As solicitudes presentadas fóra de prazo serán admitidas no caso de que as prazas dispoñibles non sexan cubertas, no caso contrario quedarán na listaxe de espera por orde de puntuación.

Teléfonos de contacto: 981 540 052 - 981 540 064

 

Feiras nas que participar
Datos empresa
Datos persoa de contacto
Produción
Documentos
Os ficheiros deben ser menores de 5 MB.
Allowed file types: jpg jpeg png pdf doc docx odt.

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSONALES

×
Responsable del tratamiento: Xunta de Galicia - Consellería do Medio Rural
Finalidad del tratamiento Responder las dudas y sugerencias recibidas.
Legitimación para el tratamiento: Consentimiento de la persona interesada
Destinatarios de los datos No se prevén comunicaciones a terceros.
Ejercicio de derechos Las personas interesadas podrán acceder, rectificar y suprimir sus datos, así como ejercitar otros derechos a través de la sede electrónica de la Xunta de Galicia o en los lugares y registros establecidos en la normativa reguladora del procedimiento administrativo común, según se recoge en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos
Contacto delegado de protección de datos e información adicional https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais
CAPTCHA
This question is for testing whether or not you are a human visitor and to prevent automated spam submissions.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.

Áreas temáticas relacionadas