Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN)

A Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN) é unha ventanilla de atención ao sector gandeiro en Internet. Ofrece servizos para este sector que permiten consultar información e realizar trámites administrativos.
Está dirixida fundamentalmente ás persoas gandeiras, pero tamén a operadores comerciais, integradoras e comercializadoras do sector ou determinados colectivos de veterinarios.

Como acceder aos servizos

Para acceder aos servizos da OVGAN hai varias alternativas:

  • Acceso con NIF e PIN que se proporciona nas Oficinas Agrarias Comarcias (OACs).
  • Acceso con NIF e chave do sistema Chave365.
  • Acceso con certificado dixital ou DNI electrónico.
  • Acceso con Cl@ave

OVGAN
É unha ferramenta web cos servizos da Oficina Virtual de Gandaría.

Acceder a OVGAN

O acceso con NIF e PIN require dispoñer do contrasinal (PIN) que se proporciona nas Oficinas Agrarias Comarcais (OACs). Para solicitar o contrasinal (PIN) por primeira vez, debe dirixirse persoalmente a unha OAC, onde o seu persoal, despois de comprobar axeitadamente a súa identidade (mediante DNI ou documento similar), procederá ao rexistro dos seus datos e subministraralle o seu PIN. En caso de perda do contrasinal, poderá solicitalo de novo na OAC.

O sistema Chave365 permite o acceso mediante o NIF e unha chave (contrasinal) diferente ao PIN. Con Chave365 pódese acceder a OVGAN e tamén a outros servizos da Xunta de Galicia como a Sede Electrónica, o Sergas, etc.
Máis información sobre Chave365.

O sistema Cl@ave permite o acceso mediante o NIF e unha chave (contrasinal) persoal. Con Cl@ave pódese acceder a OVGAN e tamén a outros servizos telemáticos estatais.
Máis información sobre Cl@ave.

Os servizos da OVGAN tamén están dispoñibles telefonicamente chamando ao número 012. Neste caso a persoa operadora do 012 pediralle unha parte do PIN para confirmar a súa identidade.

Requisitos técnicos

Para acceder aos servizos da OVGAN é preciso dispor dun navegador de Internet, un visor para documentos PDF e unha ferramenta ofimática de follas de cálculo compatible co formato .xlsx. En canto ao navegador de Internet, recoméndase usar unha versión recente dos seguintes navegadores: Firefox, Chrome ou Edge.

Consultas

  • Información das explotacións
  • Libro de explotación
  • Censo das explotacións
  • Animais identificados individualmente (bovinos, ovinos, cabrúns e equinos)
  • Información dos animais
  • DIBs emitidos
  • Documentación sanitaria
  • Movementos
  • Trámites realizados

Trámites

  • Alta por nacemento
  • Animais pendentes de incorporar
  • Duplicados de crotais
  • Duplicados de DIBs
  • Declaración de movementos
  • Declaración de censo de explotación
  • Obtención do documento de acreditación sanitaria da explotación
  • Solicitude de guía regular
  • Solicitude de documento de traslado (autoguía)
  • Declaración do sistema produtivo en explotacións bovinas
  • Autorización ou revogación de Entidade Identificadora
  • Cambio de datos persoais

Outros servizos relacionados

  • ENERLACTEO é unha ferramenta informática de acceso público desenvolvida pola Junta de Castela e León, de cálculo e proposta de melloras enerxéticas para explotacións leiteiras bovinas e ovinas, que ten como obxectivo proporcionar ás persoas gandeiras información sobre os seus consumos enerxéticos e como reducilos.

Obrigas de comunicación

As obrigas de comunicación das persoas gandeiras á autoridade competente en gandaría son:

  • Notificación dos movementos de entrada e saída de animais na explotación.
    "O prazo máximo para realizar a notificación destes movementos de animais de calquera especie é de 7 días.
    No gando bovino o prazo máximo para notificar os nacementos é de 27 días.
    A notificación de morte en animais identificados individualmente (bovinos, ovinos, cabrúns e equinos) prodúcese automaticamente cando a persoa gandeira chama ao servizo de recollida de cadáveres, e sempre no prazo de 7 días.
    O incumprimento destes prazos de notificación pode provocar reducións das axudas da PAC".
  • Declaración censual anual da explotación.
    "A persoa titular da explotación ten a obriga de declarar anualmente e antes do 1 de marzo o censo presente de animais na súa explotación a 31 de decembro do ano anterior, agás no caso dos ovinos e cabrúns que é a 1 de xaneiro do ano actual”.

Áreas temáticas relacionadas