1. Aviso de sinistro de gando a través dos teléfonos de contacto:
- seguros de bovinos- equinos
- 91 02 20 200
- 692 66 93 00
- seguros resto de especies
- 91 02 20 220
- 692 669 444
Instrucións para comunicar un sinistro de gando
2. Aviso de sinistro de retirada a través da app Agroseguro RyD
3. No caso dos seguros de recollida de cadáveres de bovinos ou non bovinos solicítanse os seguintes datos:
- Tipo de animal e se o animal está vivo ou morto.
- NIF, nome, enderezo e teléfono do asegurado.
- Número de póliza e liña de seguro.
- Enderezo no que se encontra o animal.
Ademáis, no caso de tratarse dalgunha modalidade de seguro de explotación, poderían solicitarse datos adicionais, como:
- Número de crotal (no caso de animais que estean identificados).
- Data de nacemento e/ou morte do animal sinistrado.
- Momento no que comezou a causa que o orixina
- Breve descrición da causa do sinistro.
Nalgúns casos pode ser necesario manter o animal, ou os seus restos, 72 horas dende a súa notificación urxente para que o perito dispoña de tempo para a súa peritación ou para unha eventual necropsia.