Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL)

O Sistema de Información de Terras de Galicia (SITEGAL) é a ferramenta web na que se poden consultar e solicitar as parcelas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.

O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural e integrado na Axencia Galega de Desenvolvermento Rural (Agader) co que se pretende regular o uso e aproveitamento de parcelas con vocación agraria, co dobre obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social.

SITEGAL
É unha ferramenta web que conten información das parcelas dispoñibles no Banco de Terras de Galicia.

Acceder a SITEGAL

Áreas temáticas relacionadas