Servizo dirixido a aquelas explotacións onde o titular, socio ou traballador teñan que permanecer confinados polo COVID-19 e poñan en perigo os traballos esenciais das explotacións.
Ponse a disposición dos afectados, de forma gratuita, un equipo de traballo de ata dúas persoas para o desenvolvemento das tarefas esenciais mentres dure o confinamento.
As solicitudes deberán tramitarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento xenérico PR004A.
Deberá xuntar coa solicitude unha declaración responsable: Modelo de declaración responsable
Procedementos asociados
- PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado.