O obxecto do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) é elaborar unha base de datos actualizada do parque de maquinaria agrícola, recoller as características das máquinas que se utilizan na actividade agraria, en especial a súa potencia acreditada e equipamento de dispositivos de seguridade.
Deberase inscribir no ROMA todas as máquinas que se vaian utilizar na actividade agraria (agrícola, gandeira e forestal).
Procedementos asociados
Lexislación aplicable
- REAL DECRETO 346/2012 de 10 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 1013/2009, de 19 de xuño, sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola
- REAL DECRETO 1013/2009, de 19 de xuño, sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola