Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitarios (ROPO)

O ROPO substitúe ao Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Praguicidas (ROESP), en vigor ata a publicación do citado Real Decreto.

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR200A - Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria
  • MR200B - Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
  • MR200C - Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario
  • MR200D - Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector usuarios profesionais

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable
  • DECRETO 46/2017, do 20 de abril, polo que se regula a inscrición e o funcionamento do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria, atópanse os modelos de solicitude, a documentación a presentar ao resto da información sobre os procedementos de incrición, renovación, modificación e cancelación da inscrición no ROPO
  • REAL DECRETO 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios, regula no seu artigo 42 o funcionamento e a estrutura do Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de Medios de Defensa Fitosanitarios (ROPO)
     

Máis información

Máis información

Procedemento de inscrición no ROPO nas seccións de subministración, tratamentos e asesoramento

  • Presentación de solicitude e declaración responsable ante a delegación territorial da Consellería do Medio Rural  onde radiquen as súas instalacións ou actividade un mes antes de inicio de actividade.
  • Comprobación do cumprimento dos requisitos por parte da delegacion territorial  habilitándose un prazo de susbsanación de defectos, no seu caso.
  • Inscrición, asignándolle un número de rexistro ao solicitante e emitindo un certificado de inscrición.
  • No caso de subministradores e empresas de tratamento:
    • Inspección in situ de comprobación da declaración responsable presentada. Na devandita inspección realizarase un control documental e un control das condicións das instalacións, no seu caso. No caso de que na inspección detéctese que o observado in situ non coincide co declarado na solicitude, darase de baixa do rexistro ao solicitante.
    • Comunicación ao concello onde se sitúe a actividade

Prazo de validez da inscrición, renovación e baixa

A inscrición no ROPO ten unha validez de 10 anos, autorizando a mesma para o exercicio das actividades inscritas en todo o territorio nacional.

No caso de que, durante o período de validez da inscrición prodúzase calquera modificación significativa respecto dos datos declarados na Solicitude e Declaración responsable, o solicitante deberá comunicalo ante a Delegación Territorial que corresponda, para que o informe de como proceder.

renovación da inscrición solicitarase polo menos cun mes de antelación á súa caducidade, para o que se deberá presentar unha solicitude e declaración responsable nos mesmos termos que a solicitude inicial.  As solicitudes de renovación da inscrición no ROPO deben dirixirse ao órgano competente en cuxo ámbito territorial estea situado o domicilio legal do solicitante. 

Baixa

cesamento da actividade no sector de tratamentos produtos de medios de defensa fitosanitaria, da/as persoa/s titular/es da inscrición deberá/n comunicalo mediante escrito dirixido á dirección xeral competente en materia de sanidade vexetal, dentro do mes seguinte ao cesamento, para os efectos da cancelación da súa inscrición no Rexistro, xunto cos xustificantes da retirada de existencias de produtos fitosanitarios polos condutos regulamentados, ou ben declaración responsable nesto senso cando se trate dun cese de actividade por peche e non  no caso dun cambio de titularidade

Taxas administrativas: importe e códigos

As taxas que se deben pagar por cada un dos procedementos mencionados:

31.04.06 Rexistro oficial de establecementos e servizos de produtos fitosanitarios
  Inscrición no rexistro 65,04
  Modificación da inscrición 32,52
  Renovación da inscrición 65,04
  Inscrición de asesores fitosanitarios no ROPO 32,52

 

Os códigos das taxas son:

  • Consellería: Medio Rural: 09
  • Delegación: Servizos Centrais: 13
  • Servizo: Sanidade Vexetal: 15
  • Taxa: 310406


O ROPO consta de 4 seccións:

Sector de subministración de medios de defensa fitosanitaria

Este sector desagrégase en:

  • Fabricación ou produción material
  • Comercialización por parte do titular da autorización do produto
  • Distribución, venda ao usuario
  • Loxística, incluíndo o transporte e almacenamento

Para exercer calquera destas actividades é requisito imprescindible estar inscrito no ROPO na sección de subministración. Non fai falla estar incrito no ROPO quen comercialice exclusivamente produtos fitosanitarios autorizados para uso non profesional.

So se venderán productos fitosanitarios de uso profesional a personas provistas de carné ou ben que estean incritas no ROPO. No momento da venda proporcionarase ós usuarios información sobre:

  • uso dos produtos fitosanitarios que adquire
  • Os riscos dos produtos fitosanitarios para a saúde e o medio ambiente, e en particular sobre os perigos, exposición, almacenamento adecuado, manipulación, aplicación e eliminación en condicións de seguridade
  • As instrucións de seguridade  para xestionar tales riscos
  • As alternativas de baixo risco
  • Os puntos de recollida de envases.

Para os fitosanitarios de uso non profesional, tamén é obrigado facilitar información xeral.

A continuación achéganse a solicitude de inscrición e uns documentos explicativos dos requisitos a cumprir.

Solicitude de inscrición

2.3. Requisitos de formación do persoal e rexistro de transaccións

2.4. Modelo de rexistro de transaccións

Sector de tratamentos fitosanitarios

Aplicacións aéreas de produtos fitosanitarios

As aplicacións aéreas de produtos fitosanitarios, incluídas as realizadas mediante aeronaves pilotadas a distancia (UAS ou drons), teñen carácter excepcional e están reguladas polo capítulo VI do Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

Con carácter xeral, as aplicacións aéreas están prohibidas e só poderán realizarse cando sexan previamente autorizadas polo órgano competente da Comunidade Autónoma e se cumpran os requisitos establecidos na normativa vixente.

Quen pode presentar a solicitude?

Poderán solicitar a autorización:

  • As persoas titulares das explotacións agrarias. 
  • As agrupacións de produtores. 
  • As empresas que vaian realizar a aplicación aérea.

Presentación da solicitude

A solicitude presentarase electronicamente mediante o procedemento PR004A – Solicitude electrónica xenérica, dirixida á:

Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Servizo de Sanidade e Produción Vexetal

Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación necesaria para a tramitación da autorización.

Documentación dispoñible

Para facilitar a presentación da solicitude, ponse á disposición das persoas interesadas a seguinte documentación:

Normativa aplicable

  • Regulamento (CE) nº 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009, relativo á comercialización de produtos fitosanitarios. 
  • Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal. 
  • Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios. 
  • Real decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Información importante

A presentación da solicitude non supón o outorgamento da autorización.

A autorización concederase unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente e valorada a documentación presentada.

Tramitación electrónica

Outra información de interese

Sector de Asesoramento fitosanitario

Deberán contar cun asesor:

  • Os establecementos de subministración de produtos fitosanitarios.
  • As empresas de tratamentos  cando realicen aplicacións nos ámbitos non agrarios regulados no capítulo XI del RD 1311/2012, como: parques, campos de deporte, xardíns, zonas industriais, zonas de servicio de infraestructuras (autovías, estradas, líneas eléctricas, ferrocarril…), salvo que o contratante do servicio conte coa figura de asesor.
  • As  explotacións agrarias salvo as que polas súas características sexan de baixa utilización de produtos fitosanitarios. Neste caso o asesoramento será voluntario aínda que si será obrigado a aplicación das técnicas de xestión integrada de pragas. O MAGRAMA publicou as producións e tipos de explotacións consideradas de baixa utilización de produtos fitosanitarias e por tanto exentas de asesoramento. 
    Listaxe de producións e tipos de explotacións exentos de asesoramento

O asesor incribirase  na comunidade autónoma onde radique o seu enderezo poidento exercer a súa actividade en todo o territorio nacional.
A continuación acheganse a solicitude de inscrición e uns documentos explicativos dos requisitos a cumplir.

Solicitude de inscrición

2.11. Requisito da Titulación habilitante

Segundo o artigo 11.2 do RD 1311/2012, o asesoramento  deberá quedar reflexado documentalmente. Segundo o MAPA o asesoramento en materia de Xestión Integrada de Plagas (XIP) quedará xustificado seguindo as seguintes instruccións.

Documentación de asesoramento para a xestión integrada de plagas

Na web do MAPA podemos consultar as guías de xestión integrada de pragas (XIP): 
https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/productos-fitosanitarios/guias-gestion-plagas/

Sector de uso profesional

Os produtos fitosanitarios se clasifican como de uso profesional e de uso non profesional.

Para a utilización de produtos de uso non profesional (uso doméstico) non é preciso ningún tipo de carné. Existen actualmente rexistrados no mercado máis de 170 produtos de uso non profesional para os que non é necesario dispoñer de carné na súa aplicación.

Un usuario profesional é aquela persoa que posúe un carné oficial de manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios, situación que o acredita para poder aplicar produtos fitosanitarios de uso profesional. A incripción no ROPO no sector usuario farase de oficio unha vez realizado o correspondente curso de formación ou a súa convalidación no caso de que teña a titulación habilitante.

Para a distribución, venda, compra, manipulación e aplicación de fitosanitarios de uso profesional deberá contarse con carné de usuario profesional dos seguintes tipos segundo sexa o caso:

Carné Básico:

  • Agricultores que realizan eles mesmos os tratamentos fitosanitarios na súa explotación independentemente do tamaño da mesma e de quen sexa a propiedade.
  • Persoal auxiliar das explotacións agrarias que levan a cabo tratamentos fitosanitarios.
  • Persoal auxiliar das empresas de servizos de tratamentos fitosanitarios.
  • Persoal auxiliar do sector da distribución e venda de produtos fitosanitarios que manipule este tipo de produtos.

Carné Cualificado:

  • Agricultores que contan con persoal auxiliar para levar a cabo os tratamentos fitosanitarios.
  • Responsables dos tratamentos nas empresas de servizos de tratamentos fitosanitarios.
  • Vendedores da distribución e venda de produtos fitosanitarios.

2.12. Formación e cursos para a adquisición da condición de usuario profesional

Áreas temáticas relacionadas