Avisos de sanidade forestal
Avisos de Sanidade Forestal
Os avisos de sanidade forestal son unha ferramenta para dar a coñecer as distintas novidades en materia de sanidade e vitalidade forestal, novidades que poden ir desde anuncios e recomendacións xerais á comunicación de problemas sanitarios.
Notificacións de Actuacións
As notificacións informan das distintas actuacións realizadas pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal en materia de saúde e vitalidade do monte.
Mediante o sistema de subscrición vostede estará ao tanto das novidades que se produzan en temas de saude e vitalidade do monte.
Rede de avisos agrícolas
A Consellería do Medio Rural dispón dunha rede de estaciones meteorolóxicas distribuídas por toda Galicia que permiten coñecer en tempo real una serie de parámetros, tales coma a temperatura do aire, a humidade relativa, as horas de luz, etc de gran importancia para a agricultura.
Avisos fitosanitarios
Boletín
Os avisos fitosanitarios da Consellería do Medio Rural son unha boa ferramenta para a adaptación á nova lexislación sobre o emprego sostible dos produtos fitosanitarios e a aplicación dunha estratexia de xestión integrada de pragas nas que o emprego dos fitosanitarios debe facerse só cando sexa necesario e non existan outros medios alternativos de loita e cando as pragas superen uns determinados límites de intervención.
Subscrición
Recoméndase á subscrición por correo electrónico ao servizo de avisos fitosanitarios o que lle permitirá recibir semanalmente os avisos das pragas dos cultivos do seu interese, así como os datos agrometeorolóxicos da estación máis cercana a súa explotación e a previsión meteorolóxica para a vindeira semana do seu concello.