Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento e Xestión de Galicia (RESAXEGA)

O Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento e Xestión de Galicia (Resaxega) créase mediante o Decreto 235/2007 para dar cumprimento aos regulamentos comunitarios R (CE) 1782/2003 e R (CE) 1698/2005.

O Decreto 235/2007 regula as condicións que deben cumprir os servizos de asesoramento e de xestión das explotacións agrarias.

Este rexistro está divido en 3 subseccións: entidades que prestan servizos de asesoramento, entidades que prestan servizos de asesoramento e xestión e entidades que prestan servizos de xestión. 

Servizos de asesoramento

No caso das entidades que presten servizos de asesoramento ás explotacións agrarias deberán estender a súa actividade de aconsellamento, desde o diagnóstico da situación, á proposta e execución de mellora en, polo menos, as seguintes materias:
a) Requisitos Legais de Xestión, relativos a saúde pública, sanidade animal, sanidade vexetal, medio ambiente e benestar dos animais.
b) Boas condicións agrarias e ambientais.
c) Normas relativas á seguridade laboral segundo a lexislación comunitaria.
d) No caso de persoas agricultoras mozas, as relacionadas co inicio da súa actividade.
e) A información correspondente ás medidas de acción positiva desde a vertente de xénero.

Servizo de asesoramento integral incluirá ademais do anterior:

f) Posta en marcha do Contrato de Explotación Sustentable
g) Outras materias de xestión económica e ambiental das explotacións correspondentes aos novos retos establecidos no Regulamento (CE) nº 74/2009 (cambio climático, enerxías renovables, xestión da auga, biodiversidade e mellora da competitividade das explotacións leiteiras.
h) Medidas que poidan establecerse en desenvolvemento do artigo 36. 2 e a disposición adic. 7ª da Lei 2/2007, de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

Servizos de Xestión

Estarán dirixidos a realizar un programa técnico e específico de xestión en algún destes ámbitos:
a) Xestión dos datos produtivos e reprodutivos das explotacións de vacún, ovino e cabrún.
b) Xestión da agricultura sustentable das explotacións que permita lograr unha maior eficacia en diversas materias e contribuír a mellorar a viabilidade e o rendemento global da explotación.
c) Actuacións de xestión técnica, de carácter específico, no ámbito da xestión zootécnica e agronómica para as diferentes orientacións produtivas.

Os servizos de xestión ás explotacións agrogandeiras, estenderán a súa actividade á información correspondente ás medidas de acción positiva desde a vertente de xénero.

 
Leer máis

Procedementos asociados

  • MR347A - Inscrición no rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia

Lexislación aplicable

  • DECRETO 235/2007, do 29 de novembro, polo que se regulan os servizos de aconsellamento e de xestión das explotacións agrarias ()
  • ORDE do 13 de febreiro de 2008 pola que se desenvolve o recoñecemento e rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia, conforme o previsto no Decreto 235/2007, do 29 de decembro, polo que se regulan os servizos de aconsellamento e de xestión das explotacións agrarias

Máis información

Relación de entidades recoñecidas que prestan servizos de asesoramento e xestión

Taxas

Requisitos para o recoñecemento das entidades de asesoramento e xestión

As entidades que pretendan prestar servizos de asesoramento deberán:

a) Ter personalidade xurídica e enderezo social e fiscal en Galicia.
b) Dispoñer de oficinas abertas ao público, en horario compatible coa actividade agraria.
c) Dispoñer dun equipo técnico de titulados/as universitarios/as acorde coa área na que se vai a realizar o servizo de aconsellamento (agronomía/ forestal/veterinaria).
d) O número de titulados/as e as súas especialidades en cada unha das súas oficinas de aconsellamento será acorde coa dimensión, número e tipoloxía das explotacións ás que se pretende ofrecer o servizo de aconsellamento, debendo dispoñer en cada oficina de polo menos un titulado universitario.
e) O equipo técnico deberá acreditar ter recibido unha formación específica en materia de aconsellamento ás explotacións, ou comprometerse a recibila.
f) Dispoñer do persoal administrativo necesario.
g) Dispoñer de locais, de medios materiais, incluídos os informáticos e telemáticos, axeitados ao labor de aconsellamento. Así como dispoñer ou asinar acordos ou convenios con laboratorios recoñecidos para garantir a posibilidade de acceso a equipamentos adecuados de análises de solos, augas residuos e doutros factores da actividade agraria.
h) Acreditar experiencia e fiabilidade en materia de aconsellamento técnico ás explotacións agrarias.
i) Dispoñer dun sistema de rexistro de persoas usuarias compatible co sistema integrado de xestión e control.

As entidades que presten servizos de xestión deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter personalidade xurídica e enderezo social e fiscal en Galicia.
b) Dispoñer de oficinas abertas ao público, en horario compatible coa actividade agraria.
c) Dispoñer dun equipo técnico acorde á dimensión, número e tipoloxía das explotacións a que se pretende ofrecer o servizo de xestión.
d) Dispoñer do persoal administrativo necesario.
e) Dispoñer de medios materiais, incluídos os informáticos e telemáticos, axeitados ao labor de xestión, ou comprometerse a adquirilos. Así como dispoñer ou asinar acordos ou convenios con laboratorios recoñecidos para garantir a posibilidade de acceso a equipos adecuados para as análises necesarias para a prestación dos servizos de xestión.

Tramitación do recoñecemento

Regúlase na Orde do 13 de febreiro de 2008 pola que se desenvolve o procedemento para o recoñecemento e rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia, conforme o previsto no Decreto 235, do 29 de novembro.

As entidades interesadas en prestar servizos de aconsellamento e xestión dirixirán a súa solicitude ao titular da Consellería do Medio Rural. Presentarase nos lugares e formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Xunto coa solicitude acompañarase:

a) O plan ou sistema de aconsellamento ou de xestión, no que se indicarán as características e tipoloxía das explotacións ás que vai dirixida  a súa actuación, da problemática ambiental e das necesidades de asesoramento e formación.
b) Un programa de sensibilización medioambiental (só para entidades de aconsellamento) no que se explique a metodoloxía que se vai a desenvolver nas actividades de divulgación dos problemas ambientais da agricultura.
c) O sistema de seguimento de orientacións debe explicar a estratexia da actividade de aconsellamento/xestión da entidade solicitante para cada orientación produtiva que se pretenda cubrir.
d) O método de autoavaliación técnica debe identificar as actividades agrarias en cada unha das comarcas onde se vai a desenvolver o servizo de aconsellamento ou xestión, así como os obxectivos, viabilidade e impacto esperado da actuación.
e) Un plan financeiro no que se explicarán os custos da actividade que se van a desenvolver, así como as tarifas dos servizos que se ofrecen.
f) Xustificante do pago das taxas

O conselleiro do Medio Rural ditará a correspondente resolución de recoñecemento se ditará e notificará por escrito no prazo máximo establecido no Decreto 235/2007, do 29 de novembro.

O recoñecemento administrativo supón a inscrición de oficio no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento e Xestión de Galicia (Resaxega).

Datos de contacto

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario – Edificio Administrativo de San Caetano s/n – Santiago de Compostela

Teléfonos: 981546397/ 981546186

Áreas temáticas relacionadas