Venda directa

O día 20 de outubro de 2014 entrou en vigor o decreto polo que se regulan en Galicia as condicións de venda directa dos produtos primarios desde as explotacións ao consumidor final.

A venda ao consumidor final poderá realizarse:
a) In situ na explotación produtora.
b) En mercados, directamente polas persoas titulares da explotación, parentes en primeiro grao que colaboran na actividade agraria ou empregados da explotación.
c) En establecementos de venda polo miúdo á persoa consumidora final, sempre que a transacción entre o/a produtor/a e o establecemento de venda se realice directamente, sen intermediarios. 

Procedementos asociados

  • MR237C - Comunicación de inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa

Lexislación aplicable

Máis información

Áreas temáticas relacionadas