O obxecto é regular o rexistro de produtores de sementes e plantas de viveiro.
Beneficiarios:
Produtor obtentor, seleccionador ou multiplicador de sementes ou de plantas de viveiro con regulamento técnico (Sementes, frutais, vide, fresas, etc.), ou sen regulamento técnico (Ornamentais, forestais, hortícolas, etc.)
Requisitos:
O rexistro de produtor é requisito imprescindible para poder desenvolver a actividade produtora de sementes e a actividade viveirista das especies citadas quedando sometidos ás inspeccións e obrigas establecidas na lexislación vixente.
Procedementos asociados
- MR430A - Rexistro de produtores de sementes e plantas de viveiro
- Declaración de cultivos
Lexislación aplicable
- LEI 30/2006, de 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e de recursos fitoxenéticos
- REAL DECRETO 1891/2008, de 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento para a autorización e rexistro dos produtores de sementes e plantas de viveiro e a súa inclusión no rexistro nacional de produtores
Máis información
- Solicitude normalizada
- Dispoñer dos campos de cultivo, persoal e instalacións coas condicións sinaladas nos correspondentes Regulamentos técnicos específicos
- Proxecto asinado por Técnico Superior para o título de Produtor obtentor e Produtor Seleccionador
- Memoria descritiva para a solicitude de Produtor Multiplicador
- No caso de sociedades a solicitude farase por persoa debidamente autorizada e xuntarase documentación acreditativa de que está legalmente constituída e dada de alta no rexistro correspondente
- Fotocopia do DNI/NIF/ ou CIF
- Fotocopia dos estatutos da sociedade
- Folla de autoliquidación da taxa correspondente
(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán aportarse copias compulsadas, agás que na orde figure outra indicación.