Explotacións leiteiras galegas de calidade diferenciada

A creación do rexistro informativo de explotacións leiteiras de calidade diferenciada no cal se inscribiran de oficio as explotacións leiteiras que, no marco do plan de controis oficiais da calidade do leite cru de vaca efectuados polos servizos veterinarios da Xunta de Galicia, superen os parámetros de calidade exixidos por este decreto.

Explotacións en rexistro de calidade (a partir do 15/03/2024)

Procedementos asociados

  • MR270A - Rexistro de explotacións leiteiras de calidade diferenciada

Lexislación aplicable

  • DECRETO 57/2010, do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (DOG nº 71, do 16 de abril de 2010) ()
  • DECRETO 228/2011, do 24 de novembro, polo que se modifica o Decreto 57/2010, do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (DOG nº 240, do 19 de decembro de 2011) 

Máis información

A primeira inscrición realízase de oficio, non sendo necesario presentar ningunha solicitude
   
Para as explotacións que foran excluídas do rexistro e soliciten a súa incorporación transcurridos seis meses:

  • Solicitude normalizada segundo o anexo I do Decreto 228/2011, do 24 de novembro.
  • Xustificante do pagamento das taxas. 
  • Enlace ca sede electrónica para a consulta e o pago das taxas vixentes. O importe da taxa a pagar débese consultar segundo as tarifas vixentes en cada ano: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/pago-de-taxas
    • Taxa: ANEXO 1: TAXA POR SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
    • Código da taxa: 30.02.00: Modificación da primeira inscripción
  • Para o pagamento das taxas débense seleccionar os seguintes códigos:
    • Consellería: 09 - MEDIO RURAL
    • Delegación: a que corresponda:
      • 10 – A CORUÑA
      • 20 – LUGO
      • 30 – OURENSE
      • 40 - PONTEVEDRA
    • Servizo: 09 – SERVIZO DE GANDARÍA
    • Código da taxa: 30.02.00: Modificación da primeira inscripción


(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán aportarse copias compulsadas, agás que figure outra indicación.

Áreas temáticas relacionadas