Adhesións a modelos silvícolas e de xestión forestal

Galicia desenvolveu diferentes figuras (proxecto de ordenación, documento simple de xestión, documento conxunto de xestión e adhesión a modelos silvícolas e referentes de boas prácticas) tendo en consideración a situación actual do monte galego estableceuse un gradiente de requirimentos e contidos de xeito concreto para cada un deles, sendo estes máis amplos para instrumentos de ordenación e máis flexibles para instrumentos de xestión, en particular creouse unha figura simplificada e adaptada ás persoas propietarias ou titulares de pequenas superficies forestais, ás necesarias agrupacións das ditas persoas e aos/ás silvicultores/as galegos/as mediante a adhesión a modelos silvícolas e compromisos de boas prácticas (“bestmanagementpractices” BMP) elaborados pola administración e que deben satisfacer o abano e diversidade do monte galego.

Deste xeito, a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, determina no seu artigo 79 as diferentes categorías dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal, sinalando aos referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos. Podendo dotarse deste tipo de instrumentos de xestión forestal  os montes veciñais en man común, as agrupacións forestais formalmente constituídas e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo cunha superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo, así como as persoas propietarias, sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, de montes particulares de superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo para unha mesma propiedade.

Á fin de facilitar buscas, a través da referenza catastral, para coñecer se un predio atópase adherido a este tipo de modelos creouse un buscador dinámico que amosa a información en tempo real.

Buscador

Consulta os datos por referencia catastral

Ficheiros soportados: txt ou csv, cunha referencia catastral en cada liña.

Procedementos asociados

  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

  • Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
  • Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG Núm. 87 do 8 de maio de 2014)
  • Decreto 32/2016, de 23 de marzo, polo que se modifica devandito decreto 52/2014 (DOG Núm. 63 do 4 de abril de 2016)
  • ORDE do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia (DOG Núm. 106 do 5 de xuño de 2014)

Áreas temáticas relacionadas