Rexistro de medios de defensa fitosanitaria (MDF)

Os medios de defensa fitosanitaria están regulados polos artigos 44 e 45 da Lei 43/2002 e polo Real Decreto 951/2014 e inclúen:

  • Os organismos de control biolóxico (OCB).
  • As trampas e outros medios ou dispositivos de monitoreo que non estean directamente vinculados co control de pragas
  • Outros medios ou dispositivos para o control de pragas e os produtos non fitosanitarios que poidan favorecer que os cultivos desenvolvan vigor ou resistencia fronte a patógenos, ou a condicións ambientais adversas, ou permitan mitigar doutra forma os estragos que poidan causar.

 

Exclúense do ámbito desta definición, segundo aplicación do  novo Real Decreto 951/2014, os produtos formulados a base de sustancias activas aprobadas conforme ao Regulamento (CE) nº 1107/2009 ás que se recoñeceron propiedades fitosanitarias, biocidas, fertilizantes e os equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, regulados polo Real Decreto 1702/2011.

Para a súa comercialización só é necesario a súa comunicación á Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria.

Os establecementos que vendan estes produtos deberán esta inscritos no ROPO na sección de subministrador.

Áreas temáticas relacionadas