PROVEX - Aplicación de Produción Vexetal

PROVEX
É unha ferramenta web cos servizos de produción vexetal.

Acceder a PROVEX

PROVEX é unha ferramenta web que permite xestionar os servizos de produción vexetal. En concreto, poderá realizar os seguintes trámites:

  • Inscrición no rexistro de operadores profesionais de vexetais (ROPVEG)
  • Baixa no rexistro de operadores profesionais de vexetais (ROPVEG)
  • Modificación de datos:
    • Grupos/subgrupos ou categoría do operador profesional
    • Instalacións e/ou localización das parcelas
    • Declaración de actividade do operador profesional
    • Tipo de operador
    • Cambio de sede
    • Cambio de titularidade
  • Presentación das declaracións recollidas no artigo 10 do Real Decreto 1054/2021, de 30 de novembro:
  1. Declaración de cultivo (DC): Unicamente deberán presentala os produtores. Indicaranse os campos (campos de produción de semente, sementeiros, viveiros, campos de plantas nai, etc.) que van a utilizar para a produción, incluíndose aquí tamén as instalacións non permanentes.
  2. Declaración anual de vexetais, produtos vexetais e materiais de reprodución (DAVPVMR): Todos os operadores profesionais das clases produtor, comerciante, e doutras clases descritas no artigo 5 que teñan obrigación de expedir pasaporte fitosanitario, deberán presentar a DAVPVMR, que conterá datos sobre a produción, o adquirido e o comercializados.
  • Autorización de expedición do pasaporte fitosanitario.

Como acceder aos servizos

Para acceder a PROVEX hai varias alternativas:

  • Acceso con NIF e chave do sistema Chave365.
  • Acceso con certificado dixital ou DNI electrónico.

 

Requisitos técnicos

Para acceder ao sistema será necesario dispoñer dun navegador web actualizado con conexión a internet, por exemplo as últimas versións dos navegadores Firefox, Chrome o Edge.

 

Procedementos asociados

Procedementos asociados

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable
Áreas temáticas relacionadas