Servizos web forestais

Un servizo web (SW) é un conxunto de protocolos e estándares que serven para intercambiar datos, achegando interoperabilidade entre aplicacións de software independentemente das súas propiedades ou das plataformas sobre as que se instalen.

Deste xeito, a principal vantaxe de utilizar servizos web é que son moi prácticos debido a que sendo independentes das aplicacións, posibilitan a comunicación entre elas dun xeito simple e estandarizado. Neste contexto a administración forestal está a levar unha liña progresiva de publicación de servizos web específicos.

Relación de servizos web publicados:

  1. Servizo web SOAP para a consulta dun expediente adxudicado coa ferramenta CORPU.
    Instrución técnica (IT). CORPU: servizoWebPublicoDetallesExpedienteSoap
  2. Servizo web REST para a consulta do estado dun expediente adxudicado coa ferramenta CORPU.
    Instrucción técnica (IT). CORPU: servizoWebPublicoDetallesExpedienteRest
  3. Servizo web SOAP para a creación e consulta das solicitudes/declaracións responsables de aproveitamento madeireiro en montes de xestión privada a través da ferramenta CORWEB.
    Instrución técnica (IT). CORWEB: servizoWebPublicoCortasSoap
  4. Servizo web REST para a creación e consulta das solicitudes/declaracións responsables de aproveitamento madeireiro en montes de xestión privada a través da ferramenta CORWEB.
    Instrución técnica (IT). CORWEB: servizoWebPublicoCortasRest
  5. Servizo web REST para a consulta de información do sistema de indicadores da administración forestal a través da ferramenta OBSFOR.
    Instrución técnica (IT). OBSFOR: servizo web observatorio
  6. Servizo web SOAP para a creación de instrumentos de ordenación e xestión forestal a través da ferramenta XORFOR.
    Instrución técnica (IT). XORFOR: servizo web creación instrumentos
  7. Servizos web REST para integración co sistema de trazabilidade forestal FORTRA.
    Instrución Técnica (IT). FORTRA: servizos web
  8. Servizo web SOAP para a consulta de entidades Resfor rexistradas.
    Instrución Técnica (IT). RESFOR: servizo web consulta publica resfor

Para calquera dúbida ou aclaración, pode dirixirse aos seguintes correos electrónicos:

Áreas temáticas relacionadas