O Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) é unha base de datos oficial de referencia para a identificación de parcelas agrícolas, de utilización obrigatoria en España para realizar as solicitudes de axudas directas da PAC que requiran declarar superficies.
A finalidade principal desta páxina é facilitar a información do SIXPAC aos agricultores solicitantes deses réximes de axuda, para que indiquen a localización das superficies da explotación que poden ser obxecto de subvención, así como facilitarlles a presentación de solicitudes de cambio de datos relativos a usos do solo contidos no sistema.
SIXPAC
É unha base de datos oficial de referencia para a identificación de parcelas agrícolas.