Rexistro Público de terreos forestais de pastoreo

Mediante o artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia creouse o sistema rexistral forestal como rexistro administrativo de consulta pública adscrito á Consellería do Medio Rural e do Mar.

Un dos rexistros que inclúe o sistema rexistral forestal é o Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo. Este rexistro consta de dúas seccións: montes nos que a propiedade prohibe o pastoreo e montes nos que o pastoreo está regulado especificamente pola propiedade.

(Actualizado o 17/01/2014)

Procedementos asociados

  • MR604F - Inscrición no Rexistro Público de terreos forestais de pastoreo.

Áreas temáticas relacionadas