
Cargando...
O Rexistro Galego de Materiais de Base pretende regular o procedemento de autorización para a produción de materiais forestais de reprodución. A normativa establece que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización se utilizarán unicamente materiais de base autorizados.
Os materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución a empregar na silvicultura deben reunir características de calidade que contribúan a acadar os obxectivos pretendidos, ben sexan de carácter produtivo (madeireiro ou froito, entre outros) ou doutro ámbito.
O material de reprodución forestal -sementes, plantas, froitos, partes de plantas- e a xenética forestal forman unha unidade instrumental indispensable para a aplicación dunha política forestal e para contribuír a que a evolución dos sistemas forestais acaden formas ou esquemas máis acordes coas demandas da sociedade.
Buscador
Consulta a delimitación do material de reprodución forestal autorizado, clasificado segundo as zonas de procedencia, especie, categoría, tipo ou concello
Procedementos asociados
- MR608A - Autorización de materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á selvicultura
- MR621A - Inscrición no Rexistro oficial de provedores de material forestal de reprodución de Galicia
- MR621C - Notificación de obtención de material forestal de reprodución para propagación vexetativa ulterior
- MR621K - Declaración anual de materiais forestais de reprodución
Lexislación aplicable
Autonómica
- DECRETO 220/2007, do 15 de novembro de 2007, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución (DOG Núm.229 do 27 de novembro de 2007)
Estatal
- REAL DECRETO 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución (BOE nº 58 do 8 de marzo de 2003)
- REAL DECRETO 1220/2011, do 5 de setembro, polo que se modifica o Real Decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución (BOE nº 228, do 22 de setembro de 2011)
Máis información
Materiais forestais de reprodución (MFR):
Constituídos por froitos, sementes, partes de plantas ou plantas e sempre que se utilicen para a multiplicación das especies forestais e dos seus híbridos artificiais.
Material de base (MB) para a produción de material forestal de reprodución.
Inclúe os seguintes tipos:
- Fonte de semente: Árbores situadas dentro dunha zona de recolección de froitos e sementes.
- Mouteira: Poboación delimitada de árbores que posúe suficiente uniformidade na súa composición.
- Horto de semente: Plantación de clons ou familias seleccionados, suficientemente illada para evitar ou reducir a polinización procedente de fontes externas, xestionada para a produción de colleitas de sementes frecuentes, abondosas e fáciles de colleitar.
- Proxenitores de familia: Árbores utilizadas para obter proxenie, mediante polinización controlada ou libre, dun proxenitor identificado utilizado como femia, co pole dun proxenitor (fratias) ou dunha serie de proxenitores identificados ou non identificados (semifratias).
- Clon: Grupo de individuos (ramets) procedentes orixinariamente dun único individuo (ortet) mediante propagación vexetativa, como por esquexe, micropropagación, enxerto, acodo ou división.
- Mestura de clons: Mestura de clons identificados en proporcións definidas.
Os materiais forestais de reprodución subdivídense segundo as categorías seguintes:
- Identificados: Materiais de reprodución (froitos, sementes, partes de plantas e plantas), obtidos de materiais de base que poden ser ben unha fonte de semente, ben un mouteira situados dentro dunha única zona de procedencia.
- Seleccionados: Materiais de reprodución obtidos de materiais de base que se corresponden cun mouteira situado dentro dunha única zona de procedencia, que foron seleccionados fenotipicamente, é dicir segundo as súas características externas, a nivel de poboación
- Cualificados: Materiais de reprodución obtidos de materiais de base que se corresponden con hortos sementeiros, proxenitores de familias, clons ou mesturas de clons, cuxos compoñentes foron individualmente seleccionados fenotipicamente.
- Controlados: Materiais de reprodución obtidos de materiais de base que se corresponden con rodais, hortos sementeiros, proxenitores de familias, clons ou mesturas de clons. A superioridade do material de reprodución debe ser demostrada mediante ensaios comparativos ou estimada a partir da avaliación xenética dos compoñentes dos materiais de base.