Rexistro Oficial de Produtos Fitosanitarios

Segundo o artigo 2 da Lei 43/2002, do 20 de novembro, de Sanidade Vexetal, defínense Produtos Fitosanitarios como as sustancias activas e os preparados que conteñan unha ou máis sustancias activas presentados na forma en que se ofrecen para a súa distribución aos usuarios, destinados a:

  • Protexer os vexetais ou produtos vexetais contra as pragas e enfermidades (fitosanitarios preventivos)
  • Evitar a acción das pragas e enfermidades (fitosanitarios curativos)
  • Destruír os vexetais indesexables (herbicidas)
  • Influír no proceso vital dos mesmos de forma distinta a como actúan os nutrientes (fitorreguladores)
  • Mellorar a conservación dos produtos vexetais

Os produtos fitosanitarios que se empreguen no territorio nacional, só poderán fabricarse e/ou comercializarse se están inscritos no Rexistro Oficial de Produtos Fitosanitarios da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA).

Áreas temáticas relacionadas