O sistema de xestión forestal XORFOR permite aos cidadáns facer o rexistro telemático dos instrumentos de ordenación forestal. Esta ferramenta web permite crear o instrumento, achegar a documentación relacionada e xerar o resumo que deberá ser presentado por rexistro presencial.
As principais funcionalidades desta ferramenta son:
- Rexistrar os datos dos instrumentos de ordenación forestal
- Rexistrar as parcelas asociadas a cada instrumento
- Aportar a documentación complementaria
- Xeración do informe resumo do instrumento en PDF
Para acceder a esta ferramenta é preciso dispor dun certificado dixital ou ben dun contrasinal Chave365.
XORFOR
É unha ferramenta web para a presentación da documentación relativa a instrumentos de ordenación forestal.
Procedementos asociados
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal.
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal.
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos.
Lexislación aplicable
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012)
- Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014)
- Decreto 76/2018, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2018)