Aproveitamentos madeireiros (CORWEB)

A ferramenta CORWEB permite que os cidadáns xestionen as solicitudes de aproveitamento madeireiro en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para acceder a esta ferramenta é preciso dispor dun certificado dixital ou ben dun contrasinal Chave365.

Máis información sobre Chave365.

CORWEB
É unha ferramenta web para a presentación de solicitudes de aproveitamento madeireiro.

Acceder a CORWEB

Procedementos asociados

  • MR604R - Declaración responsable para aprovechamientos madereros y leñosos en montes o terrenos forestales de gestión privada.
  • MR604N - Autorización para aprovechamientos madereros y leñosos en montes o terrenos forestales de gestión privada.
  • MR604C - Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada​.

Lexislación aplicable

Autonómica

  • Lei 7/2012, do 28 de xuño de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012)
  • Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 97 do Mércores, 20 de maio de 2020) 
  • Decreto 50/2014, do 10 de abril polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 86 do 7 de maio de 2014; só artigos vixentes, ver Disposición derrogatoria do decreto 73/2020)
  • Lei 3/2007, do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (DOG nº 74 do 17 de abril de 2007)
  • Orde do 25 de marzo de 2020, conxunta da Consellería do Medio Rural, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se aproban os pregos de condicións aos cales se deberán suxeitar os aproveitamentos madeireiros das especies recollidas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, en terreos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados pola lexislación de protección do dominio público.  (DOG nº 64 do Mércores, 1 de abril de 2020 )

 

Europea

Áreas temáticas relacionadas