A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de agricultura e denominacións de orixe, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e da política monetaria do Estado. Con base nesa competencia aprobouse o Decreto 158/2011, do 21 de xullo, polo que se ditan normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector vitivinícola.
No art. 9 do decreto antes mencionado establécese que as persoas físicas ou xurídicas e as agrupacións de persoas que, para o exercicio da súa profesión ou con fins comerciais, teñan no seu poder un produto vitivinícola, deberán levar unha contabilidade vitivinícola mediante rexistros. No artigo 18 deste decreto recóllese que a dirección xeral competente en materia de calidade agroalimentaria establecerá unha aplicación informática de levanza dos rexistros vitivinícolas, que se facilitará aos operadores comercias que queiran utilizala.
Nestes últimos anos as adegas da nosa comunidade acadaron unha modernización tecnolóxica moi relevante tanto nos seus procesos produtivos como na súa xestión administrativa, sendo o sector vitivinícola unha peza clave do complexo agroalimentario galego, que se articula fundamentalmente en torno ás cinco denominacións de orixe existentes: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras e ás catro indicacións xeográficas: Barbanza e Iria, Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Val do Miño-Ourense.
Tendo en conta a modernización da xestión administrativa das adegas, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en colaboración coa Consellería do Medio Rural, desenvolveu unha aplicación informática baixo a denominación ACIOS que facilita a levanza dixital dos rexistros vitivinícolas, coñecidos habitualmente como Libros Rexistro.
O día 16/06/2020 publicouse a Orde do 10 de xuño de 2020, pola que se establecen as disposicións relativas á levanza informática dos rexistros obrigatorios do sector vitivinícola mediante a aplicación informática ACIOS, na que se establece o procedemento para a levanza informática dos Libros Rexistro e a autorización daquelas adegas que queiran levar a súa contabilidade vitívinícola mediante esta aplicación.
Esta aplicación tamén facilitará a importación de datos dende as aplicacións propias de contabilidade das adegas, o tratamento de datos para a realización de varias declaracións vitivinícolas (INFOVI, declaracións FOGGA) e a xestión de datos de provedores e confección dos contratos de compra-venda de uva, así como o cálculo de balances.
ACIOS
É unha aplicación para a levanza informática dos Libros Rexistro de Adegas
Contacto
- Servicios Centrais
E-mail: calidade.agri@xunta.gal
Teléfono:981 54 00 65 / 981 54 00 47 / 981 54 00 27 - A Coruña
E-mail: ica.mediorural.coruna@xunta.gal
Teléfono:981 18 45 43 / 981 18 45 40 - Lugo
E-mail: ica.mediorural.lugo@xunta.gal
Teléfono:982 29 45 17 - Ourense
E-mail: calidadeou.agri@xunta.gal
Teléfono:988 38 65 59 / 988 38 65 10 - Pontevedra
E-mail: calidadepo.agri@xunta.gal
Teléfono:986 80 54 81 / 986 80 54 60
Procedementos asociados
- MR360E - Autorización levanza informática de Libros Rexistro mediante aplicación ACIOS
Lexislación aplicable
- R (UE) Nº 1308/2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios
- Regulamento Delegado (UE) 2018/273, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1308/2013
- Regulamento de Execución (UE) 2018/274, polo que se establecen as normas de desenvolvemento do Regulamento (UE) n.º 1308/2013
- Decreto 158/2011, do 21 de xullo, polo que se ditan normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector vitivinícola na Comunidade Autónoma de Galicia
- ORDE do 10 de xuño de 2020 pola que se establecen as disposicións relativas á levanza informática dos rexistros obrigatorios do sector vitivinícola mediante a aplicación informática ACIOS (código de procedemento MR360E)
Máis información
Preguntas frecuentes (FAQ)
Manuais e plantillas
- Manual da aplicación para Adegas
- Asentos de elaboración
- Plantilla importación asentos elaboración
- Asentos de embotellado
- Plantilla importación asentos embotellado
- Asentos Entrada / Saída
- Plantilla importación asentos Entrada / Saída
- Asentos Espumosos elaboración
- Plantilla importación asentos espumosos elaboración
- Asentos Espumosos elaboración embotellado
- Plantilla importación asentos espumosos embotellado
- Asentos Espumosos guía rápida
- Asentos Movementos
- Plantilla importación asentos Movementos
- Asentos Prácticas Enolóxicas
- Plantilla importación asentos Prácticas Enolóxicas