Venda a distancia de medicamentos veterinarios

Os establecementos comerciais deberán comunicar o inicio da actividade, no seu caso, á Consellería Medio Rural.

Condicións da venda a distancia ao público

Unicamente poderán levar a cabo a venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria as oficinas de farmacia e os establecementos comerciais retallistas de medicamentos veterinarios, abertos ao público, e legalmente autorizados.

Non poderán venderse a distancia:

  • As fórmulas maxistrais.
  • Os preparados oficinales.
  • As autovacunas de uso veterinario.
  • Os medicamentos veterinarios que non fosen autorizados de acordo coa normativa aplicable.
  • Os medicamentos veterinarios suxeitos a prescrición veterinaria.
  • Os medicamentos veterinarios que non se atopen autorizados pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios e inscritos no Rexistro de Medicamentos Veterinarios, ou que non estean autorizados de conformidade co disposto nas normas europeas, que establecen os procedementos comunitarios para a autorización e control dos medicamentos de uso humano e veterinarios e que regulan a Axencia Europea de Medicamentos.

Listado entidades con venda a distancia de medicamentos

Nome Nº de rexistro Dirección web
CM STORES & INNOVATIVE BUSINESS SL MV-27060001-DET www.comercialmida.es
SILVET GUITIRIZ SL MV-27022005-DET www.masgan.es
COMERCIAL VETERINARIA ADELA MV-27018001-DET www.agrotiendas.es

Procedementos asociados

  • MR521I - Establecemento comercial retallista: venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria

Lexislación aplicable

 

Áreas temáticas relacionadas