Rexistro de explotacións (REAGA)

A Consellería do Medio Rural e do Mar publica o 15 de outubro de 2012 (DOG núm.196) o Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Tras a publicación da Lei estatal 35/2011, do 4 de outubro, de titularidade compartida das explotacións agrarias (BOE núm. 240, do 5 de outubro), e transcorridos catro anos desde a promulgación do Decreto 253/2008, fíxose necesario realizar unha serie de modificacións referentes á súa organización e funcionamento.

O obxecto deste decreto é organizar e regular o funcionamento do REAGA como instrumento rexistral administrativo de información do sector agro-gandeiro galego, determinar os requisitos para a cualificación das explotacións como prioritarias e establecer o modo de acreditación das restantes explotacións agrarias, así como o de crear unha sección específica para o Rexistro de Titularidade Compartida das Explotacións Agrarias na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto consta dunha parte expositiva, 24 artigos divididos en cinco capítulos, unha disposición adicional única, unha transitoria, unha derrogatoria e dúas derradeiras.

No Capítulo I, de disposicións xerais, establécese o obxecto e ámbito de aplicación deste Decreto, xunto cunha serie de definicións para os efectos do seu desenvolvemento, como son actividade agraria, explotación agraria e elementos que a constitúen, unidade de produción, os diferentes tipos de titularidade da explotación, renda total da persoa titular da explotación, persoa agricultora profesional, persoa agricultora a título principal, unidade de traballo agrario (UTA), renda unitaria de traballo (RUT) e renda de referencia.

Destacar as modificacións introducidas pola Lei 35/2011 de Titularidade Compartida das Explotacións Agrarias na Lei 19/1995, de 4 de xullo, de Modernización das Explotacións Agrarias. (BOE núm.159 do 5de xullo) en canto ás explotacións prioritarias e ao concepto de persoa agricultora profesional.

O Capítulo II, de organización e funcionamento, establece que o Rexistro organízase en tres seccións: Explotacións agrarias prioritarias, Explotacións agrarias de titularidade compartida e Outras explotacións agrarias. O método de inscrición poderá ser ou ben por petición da persoa titular da explotación ou ben de oficio por parte da Administracion. Estas solicitudes serán resoltas polo director xeral con competencia en produción agropecuaria no prazo de 3 meses. Os artigos 8º e 9º regulan a identificación esixida á persoa titular e ás explotacións para proceder a súa inscrición. Idénticamente, a actualización e a baixa do rexistro poderán ser de oficio ou a petición do titular. Os cambios de sección e as modificacións substanciais que afecten as explotacións deberán ser comunicadas de xeito a poder ser actualizados rexistralmente.

O Capítulo III, relativo á sección de explotacións agrarias prioritarias, establece que para poder ser inscritas deberán cumplir os requisitos dos artigos 4,5, e 6 da Lei 19/1995 de Modernización das Exploacións Agrarias, situación que posibilita a obtención preferente de beneficios, axudas, medidas de fomento, etc. Tal cualificación esixirá posibilitar a ocupación, polo menos, dunha unidade de traballo agrario (UTA) e que a súa renda unitaria do traballo sexa igual ou superior ao 35% da renda de referencia e inferior ao 120% (art. 12).

Os distintos requisitos esixidos segundo os dous casos posibles de explotación prioritaria, que o titular sexa persoa física ou que sexa entidade asociativa, veñen regulados nos art. 14 a 18. O Decreto tamén inclúe como posibles explotacións prioritarias aquelas que radiquen en zonas de montaña de acordo co Regulamento (CE) nº 1698/2005, non podendo acadar o límite de Renta Unitaria de Traballo de 120% e cumprindo ademáis os requisitos do art. 19 segundo a titularidade recaia sobre persoas físicas ou xurídicas.

O Capítulo IV, relativo á sección de Explotacións agrarias de titularidade compartida, establece a creación deste rexistro na nosa Comunidade Autónoma, así como os requisitos das persoas titulares e as características desta entidade sen personalidade xurídica.

Na sección do REAGA denominada Outras explotacións agrarias, do Capítulo V, poderán inscribirse aquelas explotacións que non cumpran os requisitos para ser prioritarias, pero que desenvolvan actividade agraria. Quedan exceptuadas destes requerimentos as explotacións consideradas de autoconsumo.

 
Ler máis

Buscador

Procedementos asociados

  • MR408B - Inscrición no rexistro de explotacións agrarias de Galicia (REAGA)
  • MR408C - Cambio de titularidade da explotación no rexistro de explotacións agrarias de Galicia
  • MR408D - Declaración responsable anual de acreditación do mantemento das condicións de cualificación das explotacións prioritarias establecidas no decreto 200/2012

Lexislación aplicable

Autonómica

  • DECRETO 200/2012, do 4 de outubro, polo que regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia
  • Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias
  • CORRECCIÓN DE ERROS-Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias

 

Estatal

Máis información

Beneficios fiscais na agricultura - Última actualización: 30/04/2012

Nota informativa sobre a  Titularidade compartida das explotacións agrarias

 

Explotacións Agrarias Prioritarias

Segundo a Lei Estatal 19/1995, de 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias, modificada pola Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias (BOE 05.10.2011), terán a consideración de explotacións agrarias prioritarias as explotacións que cumplan os seguintes requisitos:

1. EXPLOTACIÓNS FAMILIARES E OUTRAS CUXOS TITULARES SEXAN PERSOAS FÍSICAS

1.1. Explotacións familiares

Requisitos do titular

  • Ter entre 18 e 65 anos.
  • Ser agricultor profesional: Persoa física que sendo titular dunha explotación agraria, como mínimo o 50% da súa renda total a obteña de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25% da súa renda total e o volumen de emprego adicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha Unidade de Traballo Agrario (UTA). No caso de Explotacións agrarias de titularidade compartida (TC) tan só un dos titulares ha de ter a condición de Agricultor Profesional.
  • Posuir capacitación agraria suficiente.
  • Estar dado de alta no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por conta propia ou Autónomos na actividade agraria ou, no seu caso, no Sistema Especial para Traballadores por conta propia agrarios.
  • Residir na comarca da explotación ou limítrofe.

 

Requisitos da explotación

  • Estar previamente inscrita e actualizada no Rexistro de Explotacións Agrarias.
  • Que posibilite a ocupación alomenos de 1 UTA.
  • Que a RUT que obteña da mesma sexa igual ou superior ao 35 % da Renda de Referencia (RR) e inferior al 120 % desta, sendo a renda de referencia o indicador relativo aos salarios brutos non agrarios en España. No caso de explotacións TC o requisito é de que a RUT non sexa superior a 180% da RR do ano en curso. Nas explotacións de TC non existe límite inferior de 35% da RR.

 

1.2. Comunidades hereditarias

A explotación, e alomenos un dos partícipes na comunidade, debe reunir os requisitos esixidos ás explotacións familiares.
Debe existir un pacto de indivisión por un período mínimo de 6 anos a partir da calificación da explotación como prioritaria.

 


2. EXPLOTACIÓNS ASOCIATIVAS

Requisitos da explotación

  • Estar previamente inscrita e actualizada no Rexistro de Explotaciones Agrarias.
  • Que posibilite a ocupación alomenos de 1 UTA.
  • Que a RUT que obteña da mesma sexa igual ou superior ao 35 % da renda de referencia e inferior al 120 % desta.
  • A forma xurídica da explotación asociativa deberá ser algunha das seguintes:
    • Sociedade cooperativa ou sociedade agraria de transformación.
    • Sociedade civil, laboral ou outra mercantil que no caso de que sexan anónimas, as súas accións deberán ser nominativas, sempre que máis do 50%do capital social, de existir este, pertenza a socios que sexan agricultores profesionais, cuxo obxecto exclusivo sexa o exercicio da actividade agraria na explotación da que sexan titulares. 

 

Deberá, segundo os casos, responder a cualquera destas alternativas:

  • Ser sociedade cooperativa de explotación comunitaria da terra ou de traballo asociado dentro da actividade agraria.
  • Ser sociedade baixo calquera das restantes formas xurídicas e que cumpra algún dos dous requisitos sinalados a continuación:
  • Que polo menos o 50 % dos socios sexan agricultores profesionais.
  •  Que os dous terzos dos socios que sexan responsables da xestión e administración, cumpran os requisitos esixidos ao agricultor profesional en canto a dedicación de traballo e procedencia de rendas, referidos á explotación asociativa, e que dous terzos, polo menos, do volume de traballo desenvolvido na explotación sexa achegado por socios que cumpran os requisitos anteriormente sinalados.
  • Ser explotación asociativa que se constitúa agrupando, polo menos, dúas terceiras partes da superficie da explotación baixo un soa linde, sen que a superficie achegada por un só socio supere o 40 % da superficie total da explotación. Nestas explotacións asociativas, polo menos un socio debe ser ATP e cumprir as restantes esixencias establecidas para os titulares de explotacións familiares en canto a capacitación, idade, afiliación á SS e residencia.

Titularidade compartida de explotacións agrarias

A Titularidade compartida (TC) é unha entidade sen personalidade xurídica regulada pola Lei 35/2011 (200 Kb), do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.

A lei persegue promover esta modalidade de explotación agraria como un vehículo para alcanzar a verdadeira equiparación das mulleres e os homes na explotación agraria, dando cumprimento efectivo ao principio de igualdade e non-discriminación proclamado na Constitución. O seu obxectivo é o de promover unha acción positiva que logre dar visibilidade ás mulleres e que estas poidan exercer e desfrutar de todos os dereitos derivados do seu traballo nas explotacións agrícolas en termos de igualdade con respecto aos homes e favorecer a asunción de decisións xerenciais e dos riscos e responsabilidades derivados delas.

A TC é unha unidade económica, sen personalidade xurídica e susceptible de imposición para efectos fiscais, constituída por un matrimonio ou parella de feito para a xestión conxunta da explotación agraria, diferenciando entre a titularidade da explotación e a titularidade dominical dos bens e os seus dereitos, cuxo réxime xurídico civil non se ve afectado en ningún caso.

Esta lei outorga a estas explotacións agrarias de titularidade compartida a condición de prioritarias, conforme a Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións agrarias, de forma que gozarán da vantaxe de teren unha orde preferente na obtención de beneficios, axudas e demais medidas de fomento impulsadas polas administracións públicas, sempre que un deles sexa agricultor profesional e a renda unitaria de traballo que se obteña da explotación non supere nun 50 por 100 o máximo do establecido na lexislación correspondente para as explotacións prioritarias.

O 5 de xaneiro de 2012 entra en vigor a Lei 35/2011. Desde esa data na nosa Comunidade Autónoma  está constituido o Rexistro de Titularidade Compartida de Explotacións Agrarias de Galicia.

Áreas temáticas relacionadas