Rexistro vitícola de Galicia (RVG)

O RVG é o instrumento técnico-administrativo esencial para o mellor coñecemento da situación real da viticultura galega, no cal se recollen as informacións obrigatorias do sector vitivinícola e polo tanto deberá manterse con información actualizada e fiable do potencial de produción vitícola de Galicia, correspondéndolles ás persoas viticultoras a responsabilidade da veracidade dos datos declarados ou inscritos nel e no seu caso, das súas modificacións e/ou actualizacións e das posteriores declaracións e/ou solicitudes que realicen.

O dito RVG trata de reflectir a realidade da superficie plantada de viñas e neste senso recolle datos relativos á identificación e localización das explotacións vitícolas, da súa titularidade (persoas viticultoras e propietarias ou as súas agrupacións) e das parcelas de viñedo que as constitúen (referencia catastral e características agronómicas: variedades de vinífera, ano de plantación...).

En síntese, o RVG é un rexistro informático único, de carácter público e natureza técnico-administrativa, no cal se recollen as informacións obrigatorias do sector vitivinícola de Galicia, cunha dobre finalidade:

  • xestión técnico-administrativa das plantacións para seguimento e control da evolución das superficies de viñedo
  • base de datos, como fonte das estatísticas oficiais do sector, en particular do Inventario vitícola de Galicia

Este rexistro está suxeito a cambios nas características estruturais e agronómicas das parcelas de viñedo que integran as explotacións vitícolas e a súa titularidade e polo tanto está permanentemente á disposición das persoas viticultoras para calquera actualización/modificación dos seus datos.

OVREVI
É unha ferramenta web cos servizos da Oficina virtual de Rexistro Vitícola.


Acceder a OVREVI

Procedementos asociados

  • MR447A - Inscrición, baixa e/ou modificación/actualización de datos do Rexistro Vitícola de Galicia (MA-RVG)

Lexislación aplicable

Autonómica

  • DECRETO 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia (tácitamente derrogado salvo no que non contradiga á nova OCM única con relación ao sector vitivinícola)

 

Estatal

 

Comunitaria

Máis información

Toda persoa viticultora debe posuír a ficha do Rexistro Vitícola de Galicia que acredita a súa explotación.

Poderán solicitar calquera aclaración sobre a súa ficha vitícola no servizo de Explotacións Agrarias da súa provincia ou na Oficina Agraria Comarcal correspondente da súa localidade. Así mesmo, poden consultar os seu datos vitícolas electrónicamente, vía internet, a través da Oficina Agraria Virtual do Rexistro Vitícola de Galicia (OVREVI), seleccionando o tipo de acceso, público ou con credenciais: mediante a Chave 365 ou mediante certificado dixital ou DNI-electrónico.

Modelo ficha vitícola

Áreas temáticas relacionadas