Os tratamentos aéreos de produtos fitosanitarios regulase a través do Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para acadar un uso sustentable dos produtos fitosanitarios (BOE 223 do 15 de setembro), considerandos como tratamentos aéreos.
Dentro desta normativa, as condicións que especificamente abordan este tipo de tratamentos son:
- Capítulo VI (artigos 27, 28 e 29).
- Anexo VI: Condicións xerais para a realización das aplicacións aéreas.
- Anexo VII: Contido dos plans de aplicacións aéreas.
O Real Decreto sobre o uso sustentable de produtos fitosanitarios prohibe as aplicacións aéreas de produtos fitosanitarios salvo que sexan expresamente autorizadas pola Comunidade Autónoma e sempre que non exista unha alternativa técnica e económica, se realicen con produtos aprobados especificamente para a aplicación aérea polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e achegue un plan de aplicación elaborado por un técnico competente.
Para este tipo de aplicacións o procedemento esixe que a titulación do persoal que o aplique sexa de piloto aplicador, cuxa formación regula o Anexo IV.
Na seguinte ligazón se pode consultar onde se imparte esta formación: http://www.mapama.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/productos-fitosanitarios/uso-sostenible-de-productos-fitosanitarios/
No seguinte enlace se pode consultar a nota interpretativa do Ministerio de Agricultura (MAPAMA) e AESA relativa ao uso de para aplicacións fitosanitarias: http://www.mapama.gob.es/es/agricultura/temas/sanidad-vegetal/notainformativatratamientosaereoscondrones-aesa_tcm7-443997.pdf
Procedementos asociados
PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (Nota: no caso de ser unha persoa física)
Máis información
Aplicacións aéreas de produtos fitosanitarios
Achegando a seguinte documentación: