Xestión de residuos de pensos medicamentosos
O Real Decreto 370/2021, do 25 de maio, polo que se establecen disposicións específicas para a aplicación en España do Regulamento (UE) 2019/4 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativo á fabricación, a comercialización e o uso de pensos medicamentosos, polo que se modifica o Regulamento (CE) n.º 183/2005 do Parlamento Europeo e do Consello e derógase a Directiva 90/167/CEE do Consello, e doutras normas da Unión Europea en materia de pensos e medicamentos, e modifícanse diversos reais decretos en materia de gandería, establece no seu artigo 9:
Servizo de substitución e mantemento nas explotacións agrogandeiras por COVID-19
Servizo dirixido a aquelas explotacións onde o titular, socio ou traballador teñan que permanecer confinados polo COVID-19 e poñan en perigo os traballos esenciais das explotacións.
Ponse a disposición dos afectados, de forma gratuita, un equipo de traballo de ata dúas persoas para o desenvolvemento das tarefas esenciais mentres dure o confinamento.
As solicitudes deberán tramitarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento xenérico PR004A.

Cargando...
Rexistro de Entidades Identificadoras de gando bovino, ovino e cabrún
Este rexistro contén todas as Entidades Identificadoras habilitadas para prestar os servizos de identificación do gando bovino, ovino e cabrún.
Entre as funcións das Entidades Identificadoras atópanse:
Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN)
A Oficina Virtual de Gandaría (OVGAN) é unha ventanilla de atención ao sector gandeiro en Internet. Ofrece servizos para este sector que permiten consultar información e realizar trámites administrativos. Está dirixida fundamentalmente ás persoas gandeiras, pero tamén a operadores comerciais, integradoras e comercializadoras do sector ou determinados colectivos de veterinarios.
Como acceder aos servizos
Para acceder aos servizos da OVGAN hai varias alternativas:
Axudas da política agrícola comunitaria (PAC)
Entre os obxectivos da actual política agrícola comunitaria (PAC) atópanse os seguintes:
Garantir o abastecemento de alimentos á poboación europea, a prezos axeitados Garantir uns ingresos xustos aos agricultores e o benestar na sociedade rural Aumentar a competitividade dos produtos agrícolas comunitarios no mercado interior e mundial Mellorar a seguridade alimentaria coa mellora das condiciones sanitarias dos animais e do seu benestar Asegurar a protección do medio ambiente
Laboratorio de Sanidade Animal
O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (LASAPAGA) leva a termo os estudos, análises e ditames relacionados coa sanidade e coa hixiene dos animais, así como das producións gandeiras e dos medios de produción gandeiros nas materias relativas á sanidade animal. Tamén lle corresponde o control dos laboratorios privados adicados ás materias antes sinaladas. Nas instalacións do laboratorio analízanse 1.000.000 de mostras e fanse preto de 2.500.000 análises cada ano.
Letra Q
Letra Q Multiespecie é un sistema de información en entorno web integrado por dous módulos informáticos: o módulo de trazabilidade e o módulo de calidade. Esta ferramenta ten carácter estatal, apoiandose nun completo rexistro de todos os implicados no sector lácteo: administracións, operadores, transportistas, produtores e laboratorios. Asegurar a trazabilidade do produto é a única forma de garantir a calidade contrastada e a diferenciación do leite producido en Galicia.
Venda a distancia de medicamentos veterinarios
Os establecementos comerciais deberán comunicar o inicio da actividade, no seu caso, á Consellería Medio Rural.
Condicións da venda a distancia ao públicoUnicamente poderán levar a cabo a venda a distancia ao público de medicamentos veterinarios non suxeitos a prescrición veterinaria as oficinas de farmacia e os establecementos comerciais retallistas de medicamentos veterinarios, abertos ao público, e legalmente autorizados.
Non poderán venderse a distancia:
Control leiteiro
O Control leiteiro é unha das ferramentas básicas do Programa de Mellora Gandeira de Galicia. Rexistra obxectiva e sistematicamente a produción e a calidade do leite das femias de raza frisona das explotacións galegas que colaboran co Programa, co fin de estimar o valor xenético da poboación.
Para formar parte deste rexistro, unha explotación leiteira debe cumprir os seguintes requisitos:
Aviso de sinistros de gando a Agroseguro
Instrucións para comunicar un sinistro de gando
Páxinas
