Área temática: forestal

Rexistro de montes ordenados

Na LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia no seu Título XI Do sistema rexistral , Artigo 126  créase o sistema rexistral forestal de Galicia, como rexistro administrativo de consulta pública adscrito á consellaría competente en materia forestal, no que se inscribirán o conxunto de datos pertencentes aos seguintes rexistros:

Adhesións a modelos silvícolas e de xestión forestal

Galicia desenvolveu diferentes figuras (proxecto de ordenación, documento simple de xestión, documento conxunto de xestión e adhesión a modelos silvícolas e referentes de boas prácticas) tendo en consideración a situación actual do monte galego estableceuse un gradiente de requirimentos e contidos de xeito concreto para cada un deles, sendo estes máis amplos para instrumentos de ordenación e máis flexibles para instrumentos de xestión, en particular creouse unha figura simplificada e adaptada ás persoas propietarias ou titulares de pequenas superficies forestais, ás necesarias agrupacións d

Directorio de industrias forestais

O monte en Galicia é fonte de numerosos bens directos, sendo a madeira o aproveitamento que presenta unha maior relevancia económica e social. En cifras do Anuario de estatística Forestal de Galicia en 2019 producíronse un total de 93.921 solicitudes de aproveitamento, cun volume total de 9,44 millóns m3 de madeira.

Servizos web forestais

Un servizo web (SW) é un conxunto de protocolos e estándares que serven para intercambiar datos, achegando interoperabilidade entre aplicacións de software independentemente das súas propiedades ou das plataformas sobre as que se instalen.

Deste xeito, a principal vantaxe de utilizar servizos web é que son moi prácticos debido a que sendo independentes das aplicacións, posibilitan a comunicación entre elas dun xeito simple e estandarizado. Neste contexto a administración forestal está a levar unha liña progresiva de publicación de servizos web específicos.

Aproveitamentos madeireiros da Admón. forestal (CORPU)

A ferramenta CORPU permite que ás persoas interesadas participar nos procesos electrónicos de alleamento dos aproveitamentos forestais en montes xestionados pola Administración Forestal.

Para acceder a esta ferramenta é preciso dispor dun certificado dixital ou ben dun contrasinal Chave365.

Máis información sobre Chave365.

Observatorio forestal

A Dirección xeral de Planificación e Ordenación Forestal dispón dunha serie histórica cos aproveitamentos de madeira en Galicia, esta información é valiosa para entender a importancia do monte galego e en especial, para comprender as tendencias que se están a desenvolver e poder actuar en concordancia con elas. Para elo é preciso unha información continuada, dinámica e acaída, que amose datos en tempo real.

Comunicación coutos micolóxicos

A ordenación e regulación do aproveitamento micolóxico, mediante a recollida de cogomelos ou fungos, nos montes e terreos forestais de xestión privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Estes aproveitamentos realizaranse dentro dos límites que permitan os intereses de conservación e mellora do monte de acordo co disposto no Decreto 50/2014, do 10 de abril, e de xeito que se garanta a súa persistencia e capacidade de renovación.

Aproveitamentos de cortizas

Serán obxecto de autorización os aproveitamentos de cortiza que se produzan en masas de sobreiras nos montes ou terreos forestais de xestión privada que non dispoñan dun instrumento de ordenación ou de xestión aprobado pola Administración forestal de conformidade co establecido no artigo 8 e no capítulo II do título III da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ou que, contando con dito instrumento, os aproveitamentos de cortiza non se axusten ao disposto nel.

Probas físicas e de agudeza visual

Convocatoria de probas físicas e de agudeza visual para os integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías/escalas do servizo de prevención de incendios forestais.

Páxinas

Subscribirse a RSS - forestal