Área temática: viticultura

Aplicación para a levanza informática dos Libros de Rexistro das Adegas (ACIOS)

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de agricultura e denominacións de orixe, de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e da política monetaria do Estado. Con  base nesa competencia aprobouse o Decreto 158/2011, do 21 de xullo, polo que se ditan  normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector vitivinícola. 

Rexistro vitícola de Galicia (RVG)

O RVG é o instrumento técnico-administrativo esencial para o mellor coñecemento da situación real da viticultura galega, no cal se recollen as informacións obrigatorias do sector vitivinícola e polo tanto deberá manterse con información actualizada e fiable do potencial de produción vitícola de Galicia, correspondéndolles ás persoas viticultoras a responsabilidade da veracidade dos datos declarados ou inscritos nel e no seu caso, das súas modificacións e/ou actualizacións e das posteriores declaracións e/ou solicitudes que realicen.

Cargando...

Rexistro de embotelladores

O Rexistro de embotelladores é un rexistro oficial no que deben estar inscritas todas as empresas que envasan ou embotellan viños ou bebidas alcohólicas en Galicia. O número de Rexistro debe figurar nas etiquetas dos produtos comercializados. 

Subscribirse a RSS - viticultura