Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
3190 GÁNDARA DE CARBALLIÑO Pontevedra Valga XANZÁ (SANTA MARÍA) CARBALLIÑO CARBALLIÑO 05/02/80 Ficha
1453 GÁNDARA E CARBALLEIRA Ourense Cartelle MUNDIL (O) (SANTA MARÍA) GUERAL DE ARRIBA 28/02/79 Ficha
320 GÁNDARA E CARBALLOSA Lugo Begonte DONALBAI (SAN CRISTOVO) DONALBAI 28/11/77 Ficha
316 GÁNDARA E RIBEIRA DA CARBALLOSA Lugo Begonte CASTRO (SANTA MARÍA) CASTRO 28/11/77 Ficha
1582 GANDARA, PARCERIA E ROXO DO COBO Ourense Chandrexa De Queixa FITOIRO (SAN PAIO) CAMPO, CASANÚÑEZ, LAMAS, E CIMADEVILA 15/12/75 Ficha
2064 GANDARAS Ourense Parada de Sil CAXIDE (SANTA CRISTINA) CAXIDE, CASTRO, O COUTIÑO, O COUTO E SANTIGUEIRO 20/06/77 Ficha
877 GÁNDARAS DA PARROCHA Lugo Paradela CORTES (SAN SALVADOR) CORTES 05/12/80 Ficha
342 GÁNDARAS DE CASTRO, COUTADO E CAMPELA Lugo Castro de Rei BENDÍA (SAN PEDRO) BENDIA 01/12/80 Ficha
98 GANDARELA A Coruña Lousame LOUSAME (SAN XOÁN) GANDARELA GANDARELA 13/12/94 Ficha
2125 GANDARIÑA Ourense Quintela de Leirado REDEMUÍÑOS (SAN SALVADOR) CARRACEDO 25/05/77 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas