Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
2959 MATALOBOS, CASTRO, AS CROAS, CAEIRO, MONTE DA ARMADA E PARDECELAS Pontevedra Pontevedra SALCEDO (SAN MARTIÑO) TODOS SALCEDO 24/05/82 Ficha
4138 Matamulleres Pontevedra Caldas de Reis GODOS (SANTA MARÍA) GODOS 10/04/06 Ficha
1917 MATANZA Ourense Montederramo MEDORRA (A) (SANTIAGO) ALENZA 26/11/75 Ficha
1516 MATANZA E SERRA DE PEDROUZOS Ourense Castro Caldelas PEDROUZOS (SAN MAMEDE) PARROQUIA DE PEDROUZOS (SAN MAMEDE) 20/06/77 Ficha
1517 MATANZAS E RAPOSEIRAS Ourense Castro Caldelas POBOEIROS (SAN XOÁN) PARROQUIA DE POBOEIROS (SAN XOÁN) 20/06/77 Ficha
1513 MATANZAS E SERRA DE SAN MARTIÑO Ourense Castro Caldelas CAMBA (SAN XOÁN) PIÑEIROÁ, SAN MARTIÑO E SAN XULIÁN 20/06/77 Ficha
1185 MATELA Lugo Baralla NEIRA DE REI (SAN MARTIÑO) MATELA MATELA 31/03/78 Ficha
4359 Mato do Castro do Millo e outros (PO-12-ADTER-17) Pontevedra Pontevedra MOURENTE (SANTA MARÍA) MOURENTE 04/02/21 Ficha
2331 MAXEDO Ourense Viana do Bolo FORNELOS DE FILLOÁS (SANTA MARÍA) FORNELOS DE FILLOÁS 23/06/75 Ficha
2346 MAXEDO Ourense Viana do Bolo PRADOCABALOS (SANTA MARÍA) PRADOCABALOS 22/10/75 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas