Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
983 PIGUEREIRO Lugo Quiroga HOSPITAL (SAN SALVADOR) CASPEDRO, HOSPITAL, OUTEIRO, RIBEIRA DE ARRIBA, SAN XULIÁN DE ARRIBA, SAN XULIÁN DE ABAIXO E SOUTO CASPEDRO, HOSPITAL, OUTEIRO, RIBEIRA DE ARRIBA, SAN XULIÁN DE ARRIBA E SAN XULIÁN DE ABAIXO E SOUTO 28/12/74 Ficha
220 PILRON E BOUSABADÍN A Coruña Rois HERBOGO (SAN PEDRO) SOCASTRO SOCASTRO 17/12/76 Ficha
776 PIN DE ABAIXO Lugo Navia de Suarna PÍN (SANTA MARÍA) PIN DE ABAIXO PIN DE ABAIXO 29/03/93 Ficha
722 PIN E VILAGONCIDE Lugo Navia de Suarna PÍN (SANTA MARÍA) PIN DE ARRIBA E VILAGONCIDE PIN DE ARRIBA E VILAGONCIDE 30/04/79 Ficha
1567 PIÑÁN E CANTADOR Ourense Chandrexa De Queixa CADELIÑA (SAN PEDRO) CADELIÑA (SAN PEDRO) 15/12/75 Ficha
1568 PIÑÁN, POMBEIRAS E CHAO Ourense Chandrexa De Queixa CADELIÑA (SAN PEDRO) (CADELIÑA) SAN PEDRO FIZ E SAN FIZ 15/12/75 Ficha
1044 PIÑEIRA Lugo Ribas de Sil PIÑEIRA (SAN CRISTOVO) PIÑEIRA DE ABAIXO E PIÑEIRA DE ARRIBA PIÑEIRA DE ABAIXO E PIÑEIRA DE ARRIBA 31/03/78 Ficha
741 PIÑEIRO Lugo Navia de Suarna GALEGOS (SANTIAGO) VER COMENTARIO... PIÑEIRO 19/10/79 Ficha
3496 PIÑEIRÓ Lugo Saviñao (O) PIÑEIRO (SAN SADURNIÑO) SAN SATURNINO DE PIÑEIRÓ 08/06/04 Ficha
2821 PIÑEIRO Pontevedra Marín SAN TOMÉ DE PIÑEIRO (SAN TOMÉ) TODOS PIÑEIRO 26/11/81 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas