Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:
- A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
- A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
- A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
- Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
- Ano de produción: 2024
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1278 | RABAZAL, GODAYO, E OUTEIRO DE BAÑO | Ourense | Bande | RIBEIRO (O) (SAN PEDRO FIZ) | QUINTELA | 15/12/75 | Ficha | |
| 2867 | RABISACO | Pontevedra | Moraña | REBÓN (SAN PEDRO) | CALVO | CALVO | 20/11/79 | Ficha |
| 3251 | RABUÑADE | Pontevedra | Vilanova de Arousa | BAIÓN (SAN XOÁN) | RABUÑADE | RABUÑADE | 23/02/84 | Ficha |
| 2461 | RAMALLOSA | Pontevedra | Baiona | SANTA CRISTINA DA RAMALLOSA (SANTA CRISTINA) | TODOS | RAMALLOSA | 26/11/81 | Ficha |
| 517 | RAMELLE | Lugo | Friol | RAMELLE (SANTA MARÍA) | RAMELLE | 19/10/79 | Ficha | |
| 39 | RAMIL | A Coruña | Carballo | RUS (SANTA MARÍA) | RAMIL | RAMIL | 09/07/79 | Ficha |
| 1308 | RAÑA, MONTE GRANDE E PENAS ROXAS | Ourense | Barco de Valdeorras (O) | CESURES (SAN CLEMENTE) | CESURES E VALES | 28/02/77 | Ficha | |
| 424 | RAÑADOIRA, PENA GRANDE E PICO DA VIOLA | Lugo | Cervo | SAN ROMÁN DE VILAESTROFE (SAN ROMÁN) | VILAESTROFE | 30/04/79 | Ficha | |
| 1189 | RAÑADOIRO | Lugo | Baralla | ARROXO (SAN XOÁN) | QUINTELA | QUINTELA | 31/03/78 | Ficha |
| 1199 | RAÑADOIRO | Lugo | Baralla | VILACHAMBRE (SANTA MARÍA) | VILACHAMBRE | 30/10/78 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común