Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
2044 BANDEXA E FONTENLA Ourense Padrenda CRESPOS (SAN XOÁN) MORGADE, A BARXA, REQUEIXO, SEOANE, SAN ROQUE DE CRESPOS, REDONDELO, O PONTILLÓN E ZAQUEIRADAS 28/02/77 Ficha
222 BANDÓN A Coruña Rois AUGASANTAS (SAN VICENTE) BANDÓN BANDÓN 09/07/76 Ficha
140 BAÑO A Coruña Muros SERRES (SAN XOÁN) SAN XOÁN DE SERRES 27/01/89 Ficha
3192 BAÑO OUTEIRO, SENIN, MEDELA E RÍO VALGA Pontevedra Valga XANZÁ (SANTA MARÍA) TODOS EXCEPTO PEDRAFITA E CARBALLIÑO XANZA ( EXCEPTO PEDRAFITA E CARBALLIÑO ) 05/02/80 Ficha
4154 Baños (PO-11-ADTER/15) Pontevedra Vigo COMESAÑA (SANTO ANDRÉ) SAN ANDRÉS DE COMESAÑA 14/12/16 Ficha
4160 Baños II (PO-18-ADTER/16) Pontevedra Vigo COMESAÑA (SANTO ANDRÉ) SAN ANDRÉS DE COMESAÑA 14/12/16 Ficha
1108 BARANTES Lugo Sober BARANTES (SAN XOÁN) BARANTES 31/07/75 Ficha
4326 BARAZAL DE ESPOSENDE Ourense Cenlle ESPOSENDE (SANTA MARIÑA) PARROQUIA DE ESPOSENDE (SANTA MARIÑA) 06/11/19 Ficha
1534 BARAZAL DE OSMO O CUTIÑO Ourense Cenlle OSMO (SAN MIGUEL) OSMO, RIOBÓ E PIÑEIRO 26/10/77 Ficha
1533 BARAZAL DE ROUCOS Ourense Cenlle PENA (A) (SAN LOURENZO) ROUCOS E A QUINTÁ 02/06/82 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas