Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1240 SERRA DE LAROUCO Ourense Baltar BALTAR (SAN BARTOLOMEU) BALTAR 30/11/76 Ficha
1628 SERRA DE LAROUCO (INTEGRADO POR 3 PARCELAS); A ESCUSA OU PENEDO (INTEGRADO POR 2 PARCELAS); LAMA DOS LODIÑOS; GURITA (INTEGRADA POR 3 PARCELAS); O CORGO; LAMA DE ARMENTAL E A MILLARA; OUTEIRO DE CHAMARDAL; POULAS DE SANTAMARIÑA; TOXAS; LAMA DAS TOXAS; ... Ourense Xinzo de Limia GUDÍN (SAN MIGUEL) GUDÍN 11/05/06 Ficha
1244 SERRA DE LAROUCO E POULAS DO MEDIO Ourense Baltar NIÑODAGUIA (SAN LOURENZO) NIÑODAGUIA 30/11/76 Ficha
1784 SERRA DE LEBOREIRO E CABREIRA Ourense Lobeira FRAGA (A) (SAN BARTOLOMEU) PARROQUIAS DE A FRAGA (SAN BARTOLOMEU), PARADA (SANTA EUFEMIA), E SAN XES DE VILARIÑO (SAN XES) 10/11/75 Ficha
1813 SERRA DE LOBIOS E NICHOS Ourense Lobios ARAÚXO (SAN MARTIÑO) PARROQUIAS DE ARAÚXO (SAN MARTIÑO), LOBIOS (SAN MIGUEL), E SAN PAIO DE ARAÚXO (EXCEPTO O PUXEDO E GUENDE) 27/01/75 Ficha
841 SERRA DE LOIBÁN, COSTA DE CEBRÁN, LOMBAS E PICO Ó RASO Lugo Ourol OUROL (SANTA MARÍA) OUROL 21/04/80 Ficha
670 SERRA DE MAREXE, VILAMAIOR E SERRA DE CUBAS Lugo Monforte de Lemos FIOLLEDA (SAN COSME) MAREXE E VILAMAIOR MAREXE E VILAMAIOR 29/04/77 Ficha
1520 SERRA DE MAZAIRA (EXCEPTUANDO O "QUINTELA") E PLANTÍO Ourense Castro Caldelas TRONCEDA (SANTIAGO) PARROQUIAS DE TRONCEDA (SANTIAGO) E MAZAIRA (SANTA MARÍA,) EXCEPTO QUINTELA 31/05/78 Ficha
1951 SERRA DE MEDA Ourense Monterrei VENCES (SANTA BAIA) VENCES 25/05/77 Ficha
361 SERRA DE MIRANDELA, PALEIRA, ARRIBA DE SALVARÁNS E CAXIGUEIRA Lugo Castroverde MIRANDELA (SANTO ANDRÉ) MIRANDELA 20/12/82 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas