Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
697 TENENTE E XISTRAL Lugo Muras VIVEIRÓN (O) (SANTA MARÍA) PORROMEO, RESTREBADA, FORCÓS, CURRO, PORTO DO REGO, CORREDOIRA, FONTE, ZANFAÑO, PICO, CASAVELLA, LICENCIA, CORUXOS E XURROSA PORROMEO, RESTREBADA, FORCÓS, CURRO, PORTO DO REGO, CORREDOIRA, FONTE, ZANFAÑO, PICO, CASAVELLA, LICENCIA, CORUXOS E XURROSA 17/12/79 Ficha
2593 TENORIO Pontevedra Cotobade TENORIO (SAN PEDRO) TODOS MENOS VILANOVA E CALVELO TENORIO 01/02/79 Ficha
3017 TERREIRO E SERRA Pontevedra Ponteareas PAREDES (SAN CIBRÁN) TODOS PAREDES 05/12/79 Ficha
3012 TERREIRO, CHÁNS, OUTEIRO E SERRA Pontevedra Ponteareas FOZARA (SAN BARTOLOMEU) TODOS FOZARA 05/12/79 Ficha
4365 Terreo da escola Pontevedra Salceda de Caselas ENTENZA (SANTOS XUSTO E PASTOR) Barreiro ENTENZA 26/04/21 Ficha
3513 TERREO, TAPADA e COIOS Ourense Sarreaus CODOSEDO (SANTA MARÍA) PAZOS 08/11/06 Ficha
571 TESO DO CURRO, CASTRO DE GOÓ E VALDOFOXO, FREIXEDO, TRALO MARCO, RESTRE, TRALO CHAO, SERRA DE ABAIXO E LAMELA Lugo Incio (O) GOO (SANTA MARÍA) GOO 31/03/78 Ficha
3940 TESO, MÁMOA, AS TOUZAS E A VEIGA Ourense Maceda ZORELLE (SANTIAGO) CALVELO 15/12/10 Ficha
1657 TESTEIRO Ourense Irixo (O) ESPIÑEIRA (SAN PEDRO) CARBALLEDA, MUNÍN E SUBIROL 31/05/76 Ficha
2345 TESTEIRO Ourense Viana do Bolo PEXEIROS (SANTA MARÍA) BOUZA, PEXEIROS, SOLBEIRA, E VILARDEMILO 22/10/75 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas