Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
594 TRANDEIRAS E ILLOA Lugo Láncara GALEGOS (SANTA MARÍA) GALEGOS 17/12/79 Ficha
1971 TRAS DA LONGARA, OUTEIRO DO MUIÑO, TRAVESA, PENEDO E TOUZA DEL LUGAR Ourense Muíños MUÍÑOS (SAN PEDRO) O RAÑADOIRO 26/09/79 Ficha
3 TRAS DAS PENAS A Coruña Aranga CAMBÁS (SAN PEDRO) CABO DE ALDEA, A ESPIÑEIRA, CASACAMIÑO e O FOXO CABO DE ALDEA, A ESPIÑEIRA, CASACAMIÑO e O FOXO 29/05/02 Ficha
3989 TRAS DO ALARGO E CARRASCAL Pontevedra Forcarei MADANELA DE MONTES (A) (SANTA MARÍA MADANELA) VILAPOUCA 24/05/11 Ficha
818 TRAS DO CAMPO - REBOLEIRA Lugo Nogais (As) AS NOGAIS (SANTO ANDRÉ) PINTINIDOIRA PINTINIDOIRA 19/01/76 Ficha
605 TRASALBA Lugo Láncara CEDRÓN (SANTIAGO) CASTRODELO CASTRODELO 30/06/80 Ficha
608 TRASALBA Lugo Láncara CEDRÓN (SANTIAGO) PIÑEIROÁ PIÑEIROA 30/06/80 Ficha
609 TRASALBA Lugo Láncara CEDRÓN (SANTIAGO) REBORDELO E SOBRERRIBA REBORDELO E SOBRERRIBA 30/06/80 Ficha
622 TRASALBA Lugo Láncara CEDRÓN (SANTIAGO) MONTELORA MONTELORA 05/12/80 Ficha
610 TRASALBA, PENEDO E BARREIROS Lugo Láncara CEDRÓN (SANTIAGO) SAA SAA 30/06/80 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas