Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
820 VALMAO E CABRAMOZA - GIRONDO Lugo Nogais (As) NOGAIS (AS) (SANTA MARÍA MADANELA) AS NOGAIS AS NOGAIS 19/01/76 Ficha
2595 VALONGO Pontevedra Cotobade VALONGO (SANTO ANDRÉ) TODOS VALONGO 01/02/79 Ficha
836 VALOSCURO, REBOLEIRA E A ERMITA Lugo Nogais (As) VILAICENTE (SAN XOÁN) VILAICENTE 05/12/80 Ficha
258 VAO DE LAX, FONTE DA FENLLA, PEDROUZO DE ARCOS, CORNEDA, ESTIVADA, ALBARTINO, O FOSO, CURCEIRO, FONTE DOS PORCOS, O FARO E CANLE DOS SEIXOS. A Coruña Vimianzo CARNÉS (SAN CRISTOVO) CURES E MOUZO CURES E MOUZO 23/02/81 Ficha
4298 Varias parcelas (5.1, 5.2, 5.3, 6, 7 e 9) Pontevedra Moaña MEIRA (SANTA EULALIA) MEIRA 28/04/04 Ficha
4210 VECIÑAL DE COVELAS Ourense Riós CASTRELO DE CIMA (SANTA MARÍA) COVELAS 24/05/17 Ficha
4211 VECIÑAL DE SALGUEIRO E CALDELIÑAS Ourense Verín VILAMAIOR DO VAL (SANTIAGO) O SALGUEIRO E CALDELIÑAS 24/05/17 Ficha
728 VEIGA Lugo Navia de Suarna SON (SANTA MARÍA) VEIGA VEIGA 30/04/79 Ficha
1980 VEIGA Ourense Muíños REQUIÁS (SANTIAGO) PARROQUIA DE REQUIÁS (SANTIAGO) 12/06/73 Ficha
1711 VEIGA Ourense Xunqueira de Ambía ARMARIZ (SAN SALVADOR) AREÁS, ARMARIZ E OS CASARES 28/05/80 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas